Diferenzas entre revisións de «Koré (escultura)»

m
→‎top: Arranxos varios
m
m (→‎top: Arranxos varios)
Igual que os ''kouroi'', as ''korai'' experimentaron unha evolución formal ao longo do tempo, tornándose, en épocas posteriores, nunha figura de formas máis suaves e redondeadas, nas que o tecido da roupa axustábase con maior naturalidade ao corpo. A partir dese intre o corpo deixa de ter o aspecto de ser tallado a partir dun bloque de contornos agudos, para asemellarse máis a unha [[Columna (arquitectura)|columna]], onde as liñas eran máis fluídas. Mais, ao contrario có kouros, que presenta sempre a mesma tipoloxía (home espido de pé), a koré esculpíase de variadas formas, sobre todo no que concerne á indumentaria e ao peiteado, que reflicten a moda das diferentes localidades onde se esculpía.
 
Como na súa versión masculina, as ''korai'' empregábanse como ofrenda votiva aos deuses ou para ser pendurada sobre un [[túmulo]].
 
==Véxase tamén==
393.002

edicións