Avinguda Diagonal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 1:
{{Coord|41|23|47|N|02|09|29|E|display=title}}
[[Ficheiro:050529 Barcelona 127.jpg|250px|thumb|A Avinguda Diagonal no [[Eixample de Barcelona|Eixample]].]]
A '''avinguda Diagonal''' (en [[lingua galega|galego]]: ''Avenida Diagonal'') é unha rúa da cidade de [[Barcelona]], unha das principais arterias da cidade ideada por [[Ildefons Cerdà]] dentro do seu [[Plan Cerdà|plan de ensanche da capital catalá]].
 
== Características ==
A Diagonal, como o seu nome indica, atravesa en diagonal toda a cidade de Barcelona, desde o parque do Fòrum, sector coñecido como [[Diagonal Mar i el Front Marítim del Poblenou|Diagonal Mar]], ata chegar aos límites municipais con [[Esplugues de Llobregat]], no distrito de [[Les Corts]]. Durante o seu percorrido de 11  km atravesa vías importantes da cidade como o [[Paseo de Gràcia]], o Paseo de Sant Joan e coa [[Gran Via de les Corts Catalanes]] e a [[Avinguda Meridiana]] formando a [[plaça de les Glòries Catalanes]], unha praza que segundo [[Ildefons Cerdà]] debía ser unha nova centralidade da cidade por este cruzamento de tres vías principais.
 
Segundo [[Jesús Portavella]] cando comezaron a facer o seu trazado, produciuse un error ao calcular o ángulo co que debería cortar ao [[paseo de Gràcia]] e isto provocou que se construíse cunha desviación sobre os plans iniciais de [[Ildefons Cerdà]]. Este error provocou que algunhas grandes [[masía]]s de [[Les Corts]] que nos planos de Cerdà quedaban intactas fosen derrubadas a principios do [[século XX]]. <ref>{{Cita Web|apelido=Montañés|nome=José Ángel|título=La Diagonal desviada|editor=[[El País]]|data=27/03/2010|url=http://elpais.com/diario/2010/03/27/catalunya/1269655649_850215.html|dataacceso=27 de xuño de 2013|lingua=castelán}}</ref>
 
Ao redor da Diagonal construíuse a sede de entidades financeiras e centros comerciais, importantes edificios [[Modernismo catalán|modernistas]] como a [[Casa de les Punxes]] e campus universitarios. No distrito de [[les Corts]], na zona alta da Diagonal, atópase a zona universitaria da [[Universidade de Barcelona]] e a [[Universidade Politécnica de Cataluña]]; no distrito de [[Sant Martí]] está o Campus de Comunicación-Poblenou da [[Universidade Pompeu Fabra]], e está pendente de construción en [[Diagonal Mar i el Front Marítim del Poblenou|Diagonal Mar]] o Campus do Besòs. Entre outros, tamén cabe destacar o [[Palau Reial de Pedralbes]] que é a actual sede permanente da [[Unión polo Mediterráneo]].
 
== Denominación ==
Os diferentes réximes que ostentaron o poder en [[Cataluña]] e [[España]] durante os séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]] trataron de borrar a herdanza dos réximes anteriores cambiando os nomes das rúas da cidade, e a avenida Diagonal non é unha excepción.
 
A avenida ao longo do século pasado coñeceuse baixo os seguintes nomes: