Amaro o Peregrino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=terreal
m →‎top: Arranxos varios
Liña 5:
Existen dous personaxes históricos que puideron servir de base para o mito: Un deles foi un penitente francés, Amaro, que no [[século XIII]] peregrinou a [[Santiago de Compostela]] e que á súa volta se estableceu en [[Burgos]], dedicando dende aquela os seus coidados aos doentes pobres e aos peregrinos no [[Hospital del Rey]] (fundado contra o ano [[1195]] por [[Afonso VIII de Castela|Afonso VIII]]). O outro candidato é [[Mauro de Anjou]], discípulo de San [[Bieito de Nursia]], e que fundou o primeiro mosteiro bieito da historia de Francia.
 
Sexa como for, arredor da figura do Amaro histórico aglutínanse toda unha sorte de tradicións pagás cristianizadas presentes en Galicia e [[Principado de Asturias|Asturias]], relacionadas cos ''[[Immram|immramaimmram]]a'' (viaxes ás illas paradisíacas do Occidente) irlandeses, e que ligan a historia deste santo coa de abades doutros países do [[Europa atlántica|Arco Atlántico]] como San [[Brandán]], así como con mitos pagáns dos que as viaxes de [[Máel Dúin]] e [[Bran mac Febal]] constitúen bos exemplos.
 
Aínda Santo Amaro é hoxe venerado en multitude de ermidas galegas, especialmente no concello ourensán de [[San Amaro]]. Tamén na pequena aldea do concello de [[Castrillón, Asturias|Castrillón]] en Asturias, que leva o seu nome. En Portugal venérase en [[Coímbra]] e [[Viseu, Portugal|Viseu]] onde se lle ofrecen piñas, noces e figos secos; e tamén na parroquia de [[Ponta Delgada, Santa Cruz das Flores|Ponta Delgada]] e en [[Beja]].