Subordinación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1:
A '''subordinación''' ou '''hipotaxe''' é, en [[sintaxe]], unha relación entre dúas [[proposición|proposicións]]s ou nexos segundo a cal unha (a denominada [[proposición principal]]) posúe maior xerarquía cá outra (denominada [[proposición subordinada]]) de forma tal que non son permutables a unha pola outra sen que o significado varie ou se torne agramatical. Así, por exemplo, non se poden cambia-las proposicións de lugar en "mentiría se o afirmase" porque o resultado sería: "Afirmáseo se mentiría", que é agramatical. Así a todo, no caso das proposicións coordinadas, a proba da permutación non altera o significado: ''Pedro frega e María lava'' di o mesmo ca ''María lava e Pedro frega'', que é tan gramatical e aceptable coma o primeiro.
 
As relacións de subordinación adoitan marcarse mediante uns [[Nexo (Lingua)|nexo]]s específicos, pero estes poden omitirse mediante a chamada [[xustaposición]]: "Pedro non veu porque estaba cansado" pode dicirse tamén omitindo o nexo e o substituíndo por un punto ou dous puntos: "Pedro non veu. Estaba cansado", "Pedro non veu: Estaba cansado"
Liña 17:
 
*'''Subordinadas substantivas en función de suxeito''': "''Que non viñese'' supuxo un gran problema"
 
*'''Subordinadas substantivas en función de obxecto directo''': "Díxome ''que non viría''". "Preguntou ''se viría''". "Preguntou ''como fora''".
 
*'''Subordinadas substantivas en función de suplemento ou complemento de réxime''': "Falou de ''que era mellor non vir''"
 
*'''Subordinadas substantivas en función de atributo''': "Está ''que morde''", "o feito é ''que non o fixo''"
 
*'''''Subordinadas substantivas en función de complemento do nome'''''': "Teño a certeza ''de que volverá''.
 
*'''Subordinadas substantivas en función de complemento do adxectivo''': "Asemellaba feliz ''de que nacese á súa cria''".
 
*'''Subordinadas substantivas en función de complemento do adverbio''': "Ela estaba moi lonxe ''dos que amaba''".
 
*'''Subordinadas substantivas en función de vocativo''': "¡''A que está falando!'', se cale".
 
*'''Subordinadas substantivas en función de complemento indirecto''': "Deron os permisos ''ós que os solicitaron''".
 
*'''Subordinadas substantivas en función de complemento circunstancial''': "Irei ''sen que mo pidas''".
 
*'''Subordinadas substantivas en función de complemento axente''': "A proposta foi aprobada ''polos que estaban na sesión''".
 
*'''Subordinadas substantivas en función de complemento predicativo subjetivo''': "O capataz chegou ''que mordía''".
 
*'''Subordinadas substantivas en función de complemento predicativo obxectivo''': "A nai deixouna ''que chorase''".
 
Liña 46 ⟶ 34:
 
*'''Proposicións adxectivas especificativas''': son as que non van entre comas e restrinxen o significado do antecedente seleccionándoo dunha xeneralidade: "Os xogadores ''que estaban cansados'' non xogaron a segunda parte". (Parte dos xogadores)
 
*'''Proposicións adxectivas explicativas''': son as que van entre comas e non restrinxen o significado do antecedente: "Os xogadores, ''que estaban cansados'', non xogaron a segunda parte". (Tódolos xogadores)
 
*'''Proposicións adxectivas substantivadas''' por falta de antecedente, por non ter antecedente expreso ou por outras causas. A proposición de relativo enúnciase cun valor indefinido e xeneralizador. Os pronomes ''quen'' e ''o que'' equivalen ó sintagma "a persoa que". E o pronome ''que'' ó sintagma "a cousa que". As nocións de «persoa» e «cousa» son os antecedentes implícitos de tales pronomes. Estas proposicións desempeñan funcións propias do substantivo. Ó igual ca un adxectivo pode substantivarse, tamén hai proposicións adxectivas substantivadas, e como as substantivas, desempeñan as funcións propias dun substantivo: "''Os que van morrer'' saúdante", (suxeito axente); "Os que estuden serán aprobados" (suxeito paciente); "Leva ''o que elixiches''" (complemento directo); "Eu son ''o que te coidará''" (atributo)