Río Gállego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 12 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q23130
m Arranxos varios
Liña 14:
[[Ficheiro:Valle del Ebro.jpg|miniatura|dereita|280px|O Gállego xúntase ao Ebro no curso medio deste]]
 
O '''río Gállego''' é un curso fluvial aragonés, afluente do [[Río Ebro|Ebro]] pola beira esquerda, ao que se une preto de Zaragoza despois de 215  km de curso.
 
== Percorrido ==
O Gállego nace no [[Col de Aneu]], ao norte de [[Sallent de Gállego]], a 2.200 metros de altitude, cerca do colado do [[Portalet]] ([[Val de Tena]]), nos [[Pireneos]] [[Provincia de Huesca|oscenses]].
 
No seu curso superior recibe xa os seus principais afluentes: o [[Río de Aguas Limpias|Aguas Limpias]] (regulado polo [[encoro de Sarra]]), o [[Río Caldares|Caldares]], o [[Río Escarra|Escarra]] e máis o [[río Aurín]], que son os que determinan en boa medida o caudal e as características do río Gállego.
 
Talla as serras prepirenaicas na [[foz de Santa Elena]] e pasa por [[Sallent de Gállego|Sallent]], e cerca de [[Panticosa]] e [[Sabiñánigo]]. Desde este último lugar comeza a formar un amplo cóbado até a localidade de [[Triste, Huesca|Triste]], para desde aquí tornar outra vez ao seu sentido xeral de marcha N-S, que mantén até desaugar no Ebro. No curso medio e baixo recolle augas dos ríos [[Río Guarga|Guarga]], [[Río Asabón|Asabón]] e máis o [[Río Sotón|Sotón]], que son de moi escaso caudal.