Escrita cuneiforme: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
m →‎Desenvolvemento: Arranxos varios
Liña 13:
Esta táboas podían ser cocidas en fornos para dar lugar a un rexistro permanente, ou podían ser recicladas se non era necesario que perdurasen. Moitas das táboas atopadas polos arqueólogos consérvanse porque se cocían accidentalmente no momento en que exércitos atacantes prendían lume ao edificio no que se gardaban
 
Creado polos [[Sumeria|sumerios]] para rexistrar a [[lingua sumeria]], a escrita cuneiforme foi posteriormente adoptada polos [[Acad|acadiosacad]]ios, [[Babilonia|babilonios]], [[Imperio Elamita|elamitas]], [[hititas]] e [[Asiria|asirios]] para escribir as súas propias linguas. Foi amplamente usada en [[Mesopotamia]] durante 3000 anos, pese a que a natureza silábica do alfabeto ao ser refinado polos sumerios resultaba pouco intuitiva aos falantes de linguas [[Lingua semítica|semíticas]]. Este feito, antes de que a civilización Sumeria fose redescoberta, levou a moitos filólogos a sospeitar dunha civilización que precedese a Babilonia.
 
A maioría das adaptacións posteriores da escrita cuneiforme preservaron polo menos certos aspectos do alfabeto sumerio. O [[lingua acadia|acadio]] escrito incluía tanto símbolos fonéticos do silabario sumerio, como [[logograma]]s que eran lidos como palabras completas. Moitos signos no alfabeto eran polivalentes, tendo un significado á vez fonético e logográfico. Cando o alfabeto cuneiforme se adaptou para escribir a [[lingua hitita]], unha nova capa de pronunciacións logográficas acadias foi engadida ao alfabeto, co resultado de xa non se coñecer a pronunciación de moitas palabras hititas convencionalmente escrita con logogramas. A complexidade do sistema ten certa resemblancia co [[xaponés clásico]], escrito nun sistema de escrita derivado do [[lingua chinesa|chinés]]; algúns destes sinogramas foron usados como logogramas, outros como caracteres fonéticos. O xaponés contemporáneo distingue graficamente os logogramas ([[kanji]]) dos caracteres silábicos ([[kana]]) pero aparte diso é un sistema similar.