Cávea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:GradasTeatroRomano.JPG|miniatura|A cávea do [[teatro romano de Mérida]].]]
[[Ficheiro:Cavea_illustration_-_Roman_theatre_at_Bosra.jpg|miniatura|Os diferentes niveis da cávea no [[Teatro romano de Bosra]] (actual Siria). ''Ima cavea'' en azul, ''media cavea'' en vermello e ''summa cavea'' en amarelo.]]
[[Ficheiro:800px-Colosseum-profile-ita.jpg|miniatura|A división da cávea do [[Coliseo de Roma|Coliseo]] en sectores e as diferentes persoas que os ocupaban.]]
Na [[Roma Antiga|antiga Roma]], a '''cávea''' (do latín '''cavĕa''': cavidade, oco), designa a parte dun [[Teatro romano|teatro]] ou [[Anfiteatro|anfiteatro romano]] onde se atopan as bancadas sobre as cales sentaban os espectadores que asistían ás representacións ou espectáculos. Formada por bancadas ascendentes en forma de socalcos e distribuído, nos [[Teatro romano|teatros]] maiores en diversos pisos e seccións.<ref>{{Cita libro|apelidos=Albizu|nome=José Luis|título=Diccionario Rioduero - el arte en la antigüedad|data=1985|editorial=La Editorial Católica|lugar=Madrid|isbn=84-220-1187-5|capítulo=|páxinas=|cita=}}</ref> Ocasionalmente, o termo tamén se aplica ás bancadas do [[circo romano]].
 
Aínda que, inicialmente, nos anfiteatros romanos era a palabra que servía para denominar os lugares no subterráneo, onde se colocaban as [[Gaiola|gaiolasgaiola]]s das [[Vida silvestre|feras]], pronto pasaría a denominar o espazo que ocupaba o público.
 
A cávea está formada polo conxunto de fileiras concéntricas de bancadas que tanto poden ser cortadas ou sobrepostas na ladeira dun outeiro, como soportadas por arcadas construídas dentro da estrutura do edificio.
Liña 12:
* A ''media cavea'': o lugar que ocupaban as categorías intermedias.
* A ''summa cavea'': destinada á [[plebe]], dentro da cal estaba a ''cavea ultima'' ou última fila.
Os accesos ás bancadas facíanse por baixo, utilizando unha rede de galerías cubertas chamadas [[Vomitorio|vomitoriosvomitorio]]s (''vomitorium''). Os accesos que comunican a cavea co [[proscenio]], recibía o nome de ''versura''.<ref>{{Cita libro|apelidos1=Lajo Pérez|nome1=Rosina|título=Léxico de arte|data=1990|editorial=Akal|lugar=Madrid, España|isbn=978-84-460-0924-5|páxina=212|dataacceso=16 de xuño de 2015}}</ref>
 
A cavea divídese verticalmente en ''cunei'' (plural do [[Lingua latina|latín]] ''cuneus'', "cuña"), en forma de cuña separados polas scalae ou ''scalaria'' (escaleiras verticais). Na arquitectura grega recibía o nome de ''koilón''.
Liña 27:
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Teatro]]