Cupé: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Retiro parámetro non usado "month="
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Royal Carriage; collection of Leopold II.JPG||thumb|Gala-Cupé de [[Leopold II of Belgium|Leopold II]]]]
 
Un '''cupé''' (do participio pasado [[lingua francesa|francés]] ''coupé'', do infinitivo ''couper'', cortar) é un tipo de [[carrocería]] de [[automóbil]] pechada (teito fixo permanentemente), de dous ou tres volumes e dúas portas laterais. Un cupé denomínase ''[[fastback]]'' ou [[tricorpo]] (''[[notchback]]''), segundo o ángulo que forma a luneta traseira coa tápa do maleteiro ou do motor. Os cupés, xunto cos [[convertible]]s, forman o grupo dos [[automóbil deportivo|automóbiles deportivos]]. A definición precisa varía dun fabricante a outro, e no tempo. Aínda que a maioría dos cupés son vehículos de dúas portas, existen algúns de catro portas, (incluídos os [[Mercedes-Benz CLS]] e [[Rover P5|Rover P5 Cupé]]) chamados "cupé" polos fabricantes .
 
== Historia ==
No século XIX un cupé era un carruaxe pechado de catro rodas tirado por cabalos, o (''coupé'') ou corte aludía aos coches de catro prazas onde o habitáculo estaba recortado deixando dúas prazas abertas diante (para o condutor e un acompañante) e dúas prazas pechadas detrás para os pasaxeiros. Si o condutor non tiña teito sobre a súa cabeza, entón tratábase dun coupé de-ville. Comunmente, un cupé tiña unha fiestra de vidro fixo na parte dianteira do compartimento de pasaxeiros. O condutor estaba protexida da sucidade do camiño por un taboleiro de instrumentos de alta curvatura. Un [[Landau (automóbil)|landó]] é un coupé de-ville co teito abatible. Cando só o compartimento de pasaxeiros ten un teito pregable pero a parte do condutor permanece cuberta, o estilo é coñecido como un [[landaulet]].
 
Durante o século XX, o termo cupé foi aplicado a varias cabinas pechadas (o asento traseiro se atopa máis adiante do habitual e o asento dianteiro máis atrás do habitual)<ref>{{Cita libro |last=Clough|first=Albert L. |title=A dictionary of automobile terms |year=1913 |publisher=The Horseless Age Company |page=241 |url=http://books.google.com/books?id=Tc23AAAAIAAJ&pg=PA33&dq=close-coupled+automobile |accessdate=7 February 2011}}</ref> de automóbiles.
 
Actualmente a designación se refire a automóbiles de capota fixa xeralmente para dous ocupantes ou 2 + 2 e de dúas portas. Segundo a norma SAE J1100 a diferenciación entre un cupé e un [[sedán]] (berlina) de dúas portas está no menor espazo (volume) atrás dos bancos traseiros, menos de 930 litros. Segundo esta norma, os [[Chevrolet Monte Carlo]], [[Ferrari]] [[612 Scaglietti]] e [[Mercedes-Benz CL-Class]] coupés son todos sedáns de dúas portas. Visualmente unha das características comúns máis marcadas desta carrocería é a suave inclinación da ultima columna da capota.
 
Esta designación é por veces adoptada pola mercadotecnia dos fabricantes para as variacións dos sedáns. Recentemente, algúns fabricantes produciron cupés de 4 portas, como o Mercedes CLS o Volkswagen Passat CC, e o Porsche Panamera.
A [[Organización Internacional para a Estandarización|Norma Internacional]] ISO 3833-1977 define un cupé como unha carrocería pechada, polo xeral cun volume traseiro limitado, un teito fixo do cal unha parte pode abrirse, polo menos dous asentos en polo menos unha fila, dúas portas laterais e, posiblemente, unha porta traseira, e polo menos dúas fiestras laterais.<ref name="ISO3833">{{Cita informe técnico| author = Technical Committee ISO/TC22, ''Road vehicles''| publication-date =1977-12-01| origyear =1976| title =ISO 3833-1977: Road vehicles &ndash; Types &ndash; Terms and definitions| type =ISO International Standard| edition =2ª| publisher =[[ISO|International Organization for Standardization]]| publication-place =Switzerland| place =Geneva, Switzerland| page =6| ref =ISO3833}}</ref>
 
== Uso actual ==
[[Ficheiro:2005 BMW 330Ci ZHP Silver.jpg|miniatura|dereita|2005 [[BMW E46]] cupé]]
Hoxe en día ''cupé'' converteuse nun termo de [[mercadotecnia]] para os fabricantes de automóbiles, máis que nun feito de deseño ou maquillaxe técnico do vehículo. Eles atribúen o termo a calquera vehículo con dous, tres, e agora ata catro portas, polo seu luxo ou pola aparencia deportiva. Isto débese a que os cupés en xeral son vistos como máis deportivos que os sedáns, polo que un coupé sería comercializado como un vehículo máis deportivo que o sedán de dúas portas.
 
Mentres que os antigos cupés eran "simplemente modificacións de dúas portas, dos sedán", hose en día algúns cupés teñen carrocería e estilo diferente dos seus homólogos de catro portas.<ref>{{cite web |url=http://www.motortrend.com/roadtests/coupes/112_0804_fwd_coupe_comparison/index.html|first=Edward |last=Loh|title=Comparison: 2008 Honda Accord Coupe vs 2008 Mitsubishi Eclipse vs 2008 Nissan Altima Coupe (Front-wheel-drive coupe comparison)|work=Motor Trend|year=2008|accessdate=7 February 2011}}</ref> O [[AMC Matador]] cupé da década de 1970 tiña un deseño único non compartindo case nada coas versións de 4 portas.<ref>{{cite web|url=http://ateupwithmotor.com/luxury-and-personal-luxury-cars/214-amc-matador.html|first=Aaron |last=Severson |date=25 December 2009 |title=What's a Matador? AMC's Midsize Classic, Rebel, and Matador Coupe |publisher=ateupwithmotor.com |accessdate=29 February 2012 }}</ref>
 
Incluso os coches de dúas portas cun asento traseiro que agora coñécense como "sedán" utilizan os termos "cupé" e "sedán" indistintamente. Os sedán dúas portas con asento dianteiro tipo banco elimináronse co [[Chevrolet Monte Carlo]] 1995-1999 foi o último modelo en ofrecelo.
 
Con todo, os coches de 2 portas en xeral perderon popularidade, coa excepción dos [[convertible]]s e os [[Roadster (automóbil)|roadster]] de 2 asentos. Sedáns, [[camioneta]]s e [[SUV]]s / familiares fan menos modelos de 2 portas (especialmente aqueles con asentos traseiros) nos últimos anos xa que o custo dos vehículos de 4 portas reduciuse xunto ca enxeñaría para facilitar o acceso á zona dos asentos traseiros.