Thelonious Monk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 23:
En 1935, decidiu marcharse de viaxe a percorrer o mundo acompañando co [[piano]] a un predicador [[Igrexa Evanxelista|evanxelista]]. Despois de dous anos, regresou á súa cidade e formou o seu propio cuarteto, actuando en diversos clubs até que en 1941 o batería [[Kenny Clarke]] elixiuno como pianista da casa para tocar no ''Minton's Playhouse'', o lendario club de [[Manhattan]] no que se enxendraría o [[bebop]]. O seu estilo na época é descrito como "hard-swinging", con marcadas influencias de [[Art Tatum]], [[Duke Ellington]], [[James P. Johnson]] e outros pianistas.
 
Durante a súa estancia no ''Minton's'', Monk foi perfeccionando o seu estilo único, participando nas sesións chamadas "cutting competitions", cos máis renomeados solistas da época. Durante eses años, Monk entrou en contacto con músicos como [[Dizzy Gillespie]], [[Charlie Parker]], [[Miles Davis]], [[Sonny Rollins]], [[Milt Jackson]] e [[John Coltrane]], que estaban sentando as bases do ''[[bebop]]''. En 1944 realizou as súas primeiras gravacións con [[Coleman Hawkins]] Quartet. En 1947, gravou por primeira vez como líder da súa propia banda, e publicou o seu LP de debut, ''Genius of Modern Music, Vol. 1'', que mostraba o seu talento tanto para a composición como para a improvisación. Ese mesmo ano casou con [[Nellie Smith]], e en 1949 o matrimonio tivo un fillo, [[T.S. Monk]], que sería batería de [[jazz]]. A súa filla Bárbara naceu en 1953.
 
En agosto de 1951, foi arrestado pola policía de [[Nova York]], acusado de posesión de [[narcótico]]s, pois negouse a denunciar ao seu amigo, o tamén pianista [[Bud Powell]], ao que presumiblemente pertencía a [[droga]]. Retiróuselle o permiso para actuar en locais nocturnos nos que se consumise alcohol (unha autorización, o "New York City Cabaret Card", que era expedida pola policía). Pasou a primeira metade dos anos 50 compoñendo, gravando discos e actuando en teatros e xiras fóra da cidade.
 
Tras gravar varios discos para [[Blue Note Records|Blue Note]] entre 1947 e 1952, firmou un contrato con [[Prestige Records|Prestige]], para a que gravou entre 1952 e 1954 algúns dos discos máis importantes, incluíndo colaboracións co saxofonista [[Sonny Rollins]] e co batería [[Art Blakey]]. O produtor [[Orrin Keepnews]], de [[Riverside Records]], persuadiulle de que gravase un disco con temas de [[Duke Ellington]] e outro con estándares, para que a súa música se fixese máis accesible ao público medio de [[jazz]]. En 1956, gravouse o clásico ''Brilliant Corners'' e a partir do ano seguinte os cambios na súa vida sucedéronse.
 
Monk foi contratado polo Five Spot e alí formaría parte dun cuarteto que contaría co saxofonista [[John Coltrane]]. Como consecuencia destas actuacións, a [[crítica]] e o público de [[jazz]] recoñeceríano por fin como un mestre. O até entón carácter único da súa música, que tan difícil era de asumir por unha audiencia que tiña como modelo a [[Bud Powell]], converteuse en 1957 nun motivo de admiración. De repente, Monk converteuse nunha celebridade e o seu status non cambiaría até o final da súa carreira.
 
En 1959, o seu cuarteto contou coa participación do saxofonista tenor [[Johnny Griffin]] e apareceu cunha orquestra no Town Hall; en 1962 firmou con [[Columbia Records|Columbia]] e dous anos despois foi portada da revista ''[[Time]]''. Un segundo concerto coa orquestra foi celebrado en 1962, resultando mellor que o primeiro, polo que Monk estaría constantemente de xira durante os anos sesenta co seu cuarteto, agora co tenor [[Charlie Rouse]].
 
Tocou cos [[Giants of Jazz]] durante 1971-1972, e en 1973, repentinamente, retirouse. Monk padecía unha enfermidade mental e, aparte dunhas aparicións especiais a mediados dos setenta, viviu recluído o resto da súa vida.
Liña 155:
* [http://elpais.com/diario/2009/10/24/babelia/1256343138_850215.html "Thelonious Monk, en su retiro"], artigo de Antonio Muñoz Molina en ''El País'', 24 de outubro de 2009 {{es}}.
 
{{ORDENAR:Monk, Thelonious}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Monk, Thelonious}}
[[Categoría:Pianistas]]
[[Categoría:Pianistas de jazz]]