Boeing 737 Classic: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 24:
A nova serie contaba con motores turbofán [[CFM International CFM56|CFM56]], conseguindo ganancias significativas no aforro de combustible e unha redución de ruído, pero tamén plantexando un reto significativo para os enxeñeiros debido ao poucoa espazo ata o chan do 737 (un trazo derivado da fuselaxe do [[Boeing 707|707]]). Boeing e o fabricante do motor, [[CFMI]], solucionaron o problema colocándoo diante, en vez de debaixo, da á, e movendo os accesorios do motor cara os lados da góndola, dándolle ao 737 a súa distintiva toma de aire non circular.
 
A á incorporou varios cambios para mellorar a aerodinámica. A punta alongouse 23  cm, e os slats do bordo de ataque e os flaps do bordo de arrastre foron axustados. A pnte de mando mellorouse co sistema EFIS (Electronic Flight Instrumentation System) opcional, e a cabina de pasaxeiros incorporou melloras semellantes ás do [[Boeing 757]].
 
== Variantes ==
Liña 45:
=== 737-500 ===
[[Imaxe:N512SW (6284246715).jpg|miniatura|250px|737-500 de [[Southwest Airlines]]]]
A serie -500 ofreceuse, debido á petición dun cliente, como un substituto directo e moderno do 737-200, incorporando as melloras da serie 737 Classic nun modelo que permitía rutas máis longas con menos pasaxeiros para ser máis económico que o 737-300. A lonxitude da fuselaxe do -500 é 47 &nbsp;cm máis longa que o 737-200, levando ata 140 pasaxeiros.<ref name="Certificación do 737">{{cita web|título=Certificación do 737|url=http://rgl.faa.gov/Regulatory_and_Guidance_Library/rgMakeModel.nsf/0/9dd07e4b4293722e86257dfc006774ca/$FILE/A16WE_Rev_54.pdf|editor=FAA|dataacceso=13 de decembro de 2016}}</ref> Estivo dispoñible tanto con cabina mecánica como con pantallas de cristal líquido. Utilizando o motor [[CFM International CFM56|CFM56-3]] tamén permitiu aforrar ata un 25% de combustible respecto aos motores P&W dos -200.
 
O 737-500 foi lanzado en [[1987]] por [[Southwest Airlines]] cun pedido de 20 unidades e voou por vez primeira o [[30 de xuño]] de [[1989]]. Un único prototipo voou 375 horas para conseguir a certificación, e o [[28 de febreiro]] de [[1990]] Southwest Airlines recibíu o seu primeiro exemplar. O 737-500 converteuse no favorito para algunhas aeroliñas rusas, mercando [[Nordavia]], [[Rossiya Airlines]], [[S7 Airlines]], [[Sky Express]], [[Transaero]], [[UTair]] e [[Yamal Airlines]] aparellos de segunda man para substituír a antigos avións soviéticos e expandir as súas frotas. [[Aerolíneas Argentinas]] substituíu os seus 737-200 con 737-500 de segunda man. O 737-500 está sendo substituído polo 737-600 da familia 737 Next Generation. Porén, a diferenza do 737-500, o 737-600 non tivo moitas vendas, con só 69 avións entregados.