Gran Premio de Italia de 1966: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-NCE +NZL)
m Arranxos varios
Liña 39:
O [[Gran Premio de Italia]] de [[Fórmula 1]] de {{f1|1966}} (formalmente o '''XXXVII Gran Premio d'Italia''') celebrouse en [[Autodromo Nazionale Monza|Monza]] o [[4 de Setembro]] de 1966.
 
Foi a sétima rolda da tempada de Fórmula Un de {{f1|1966}}. A carreira foi a 37º [[Gran Premio de Italia]] e o 32º, que se celebraba en Monza. A carreira levouse a cabo sobre 68 voltas ao circuíto de cinco quilómetros cunha distancia de carreira de 391 quilómetros.
 
A carreira foi gañada polo piloto italiano [[Ludovico Scarfiotti]] pilotando un [[Ferrari 312]] na súa única vitoria nun Gran Premio. Scarfiotti gañou ao seu compañeiro de equipo, o británico [[Mike Parkes]] por cinco segundos. Parkes batiu ao piloto neocelandes [[Denny Hulme]] no seu [[Brabham BT20]], por menos de medio segundo.
 
O líder por puntos no campionato [[Jack Brabham]] detívose cunha fuga de aceite no seu [[Brabham BT19]] na sétima volta, conseguiu o seu terceiro campionato mundial, sendo o único piloto en converterse en campión do mundo nun coche da súa propia marca, cando o seu único posible rival [[John Surtees]] detívose cunha fuga de combustible no seu [[Cooper T81]] 24 voltas máis tarde.
 
== Informe da carreira ==
 
[[Jack Brabham]] era o favorito con maís probabilidades para gañar o campionato, só [[John Surtees]] podía superalo, e só gañando as tres últimas carreiras. Non puido facelo por unha impresionante actuación dos pilotos de [[Scuderia Ferrari|Ferrari]] no seu circuíto de casa. [[Honda Racing F1|Honda]] trouxera un novo motor V12 de 3 litros e 370 CV para [[Richie Ginther]], mentres que [[Dan Gurney]] tiña o seu motor [[Weslake]] e [[Graham Hill]] tiña o [[BRM]] H16. [[Lorenzo Bandini]] e [[Mike Parkes]] lideraron desde o inicio, o motor de Hill rompeu na primeira volta, seguido do abandono de [[Jackie Stewart]] na volta 5 cunha fuga de combustible, e logo de Brabham na volta 8 cun fallo de motor que recubriu o coche en aceite. [[Jim Clark]] no [[Team Lotus|Lotus]] H16 movíase con forza a través da pista. Na volta 17, [[Richie Ginther]] tivo un terrible accidente, estrelándose fortemente contra ás árbores e foi moi afortunado de sair con vida. Cando Clark entrou en boxes, [[Ludovico Scarfiotti]], Parkes, Surtees disputaron o liderato ata que Surtees retirouse co tanque de gasolina raxado que derramaba gasolina sobre seus pneumáticos e poñía fin ás súas posibilidades no campionato. [[Denny Hulme]] avanzaba a través da pista no terceiro lugar. Pero a carreira foi para Scarfiotti, convertendose no primeiro italiano en gañar cun Ferrari en [[Autodromo Nazionale Monza|Monza]] desde [[Alberto Ascari]] en {{f1|1952}}. Parkes completou a ledicia de Ferrari, xa que superou a Hulme en 0´3 segundos, acadando o segundo lugar. No medio de todas as celebracións, Jack Brabham coroouse campión.
 
== Clasificación ==