Grandeza de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Liña 2:
A '''Grandeza de España''' é a máxima dignidade da [[nobreza]] [[España|española]] na [[Tratamentos protocolarios da monarquía|xerarquía nobiliaria]], pois está situada inmediatamente logo da de [[infante de España|infante]], que está reservada aos fillos do [[rei de España]] e aos do [[príncipe de Asturias]]. É outorgada polo rei e xeralmente vai unida a un [[título nobiliario]], polo que é hereditaria, aínda que en ocasións concédese de forma vitalicia a unha persoa en concreto, como os fillos dos infantes de España, que non herdan o tratamento dos seus proxenitores. É tamén a máis alta dignidade da súa clase de toda [[Europa]], pois os seus privilexios foron maiores que os doutras figuras similares europeas, como os [[Par de Francia|pares]] de [[Francia]] ou os [[Par (título)|peers]] do [[Reino Unido]]
 
A súa orixe atópase nas antigas monarquías visigodas, aínda que non é ata o reinado de [[Carlos I de España]] no [[século XVI]] cando comeza a regularse e establecerse como a coñecemos na actualidade.
 
Na actualidade preto de 400 títulos nobiliarios ostentan a Grandeza de España. Asóciase tradicionalmente aos duques, pero pode acompañar aos títulos de marqués, conde, vizconde, barón e señor. Os netos do [[Rei de España|Rei]], fillos dos [[Infante de España|Infantes de España]], de acordo coa lexislación vixente (Real Decreto 1368/1987), reciben tamén o tratamento de Grandes de España.
 
==Véxase tamén==