Guilielmus Messaus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse categoría.
m Arranxos varios
Liña 4:
Sábese que foi [[sancristán]] da igrexa de San Xurxo en Antuerpen entre [[1609]] e [[1610]], e que chegou a ser mestre da escola e sancristan da igrexa de San Willibrord en [[1613]]. Desde [[1614]] ata [[1618]] ensinou nas igrexas de de Santo André e de San Walburge, ambas en antuerpen, e nesta última foi [[cantante]] e [[mestre de capela]], posto que non deixou ata a súa morte.
 
Coñécese que en diversas ocasións foi cuestionado polo seu carácter e comportamento. En [[1620]] foi suspendido transitoriamente das súas funcións por se negar a executar unha [[Misa (música)|misa]] de requiem [[Canto gregoriano|gregoriana]], en canto plano, en vez dunha ''{{Lang|la|missa de angelis}}'' (misa dos [[Anxo (cristianismo)|anxos]]) [[Polifonía|polifónica]] para un cativo falecido. Chegou mesmo a agredir o mestre do coro para o substituír, e intentou, cos seus cantantes, cubrir de [[polifonía]] o [[canto gregoriano]].
 
En 1613 ou 1614, Messaus casou con Magdalena de Masereth, con quen tivo cinco fillos, entre eles Guilielmus (nado en [[1619]]), que cantou, entre [[1649]] e [[1654]], como [[tenor]] na igrexa de San Xurxo. Tras a morte da Magdalena, Messaus casou en segundas nupcias con Clara Loycx en [[1639]], un ano antes do seu falecemento
 
== Obra ==
Messaus compuxo polo menos 14 misas, entre elas a ''Missa Victorus Fernandus'', inédita pero rexistrada como parte do seu legado na biblioteca do rei [[Xoán IV de Portugal]]. Ademais, consérvanse 57 [[Motete|motetesmotete]]s e [[Himno|himnoshimno]]s con letras en [[Lingua neerlandesa|holandés]],[[Vilancico| vilancicosvilancico]]s en holandés e en [[Lingua latina|latín]], e tres [[Madrigal|madrigais]] profanos en holandés.<ref>Grijp, Louis Peter. ''Cantiones Natalitiæ'' (anotacións do CD do grupo de música antiga ''Camerata Trajectina'', baixo a dirección do musicólogo Louis Peter Grijp). Globe 6033. 1995.</ref>
 
É probable que Messaus sexa o editor de ''Laudes Vespertinae, ''de [[1629]], a primeira colección que contén un número considerable de ''cantiones natalitiae ''(vilancicos). Case a metade do contido desta compilación é da súa autoría e el é o [[compositor]] de nove vilancicos<ref>Johnson, Daniel (Dir.). [https://static1.squarespace.com/static/520e2816e4b004c7f37cd29d/t/53bef0afe4b0fa7d98acbf04/1405022383007/2013_Noel_notes.pdf ''Texas Early Music Project''. ''Flanders Christmas Songs'']. Páxina 7. Anotacións a un programa do concerto. </ref>. Na maioría das veces, trátase de harmonizacións moi sinxelas para catro voces de [[Panxoliña|panxoliñaspanxoliña]]s que se remontaban a [[Baixa Idade Media|finais da Idade Media]], como ''Een kindeken is ons gheboren ''("Naceunos un neno") e ''Het viel eens hemels dawne'' ("Caeu o orballo do ceo").<ref>Rasch, Rudolf. ''De Cantiones natalitiae en het kerkelijke muziekleven in de Zuidelijke Nederlanden gedurende de zeventiende eeuw''. Utrech. Vereniging voor Nederlandse Muziekgeschiedenis, 1985.</ref>
 
Ademais de moitos motetes, copiou tamén tres libros de música para [[clavicémbalo]] de John Bull.<ref>Rasch, Rudolph. "[http://www.jstor.org/stable/3687039?seq=1#page_scan_tab_contents The Messaus-Bull Codex London, British Library, Additional Manuscript 23.623]". En ''Revue Belge de Musicologie''. Vol 50. 1966. Páxinas 93 a 127.</ref><ref>"[http://www.radioswissclassic.ch/fr/base-de-donnees-musicale/musicien/302845df191232a758c559d51c0bf7d67477b/biography John Bull]" en ''Base de Données Musicale'': "Ses trois séries de variations sur la chanson de Noël [...] témoignent de linfluence qu'il subit de son entourage flamand à Bruxelles et Anvers, et nous sont parvenues par les copies quen fit Guilielmus Messaus, maître de chant à léglise Sainte-Walburge dAnvers et lui-même compositeur dun grand nombre de Cantiones natalitiæ".</ref>
Liña 26:
 
=== Ligazóns externas ===
* [[scores:Category:Messaus,_Guillielmus Guillielmus|Partituras de Guilielmus Messanus]] en ''The International Music Score Library Project''.
* [http://www0.cpdl.org/wiki/index.php/Guilielmus_Messaus Partituras de Guilielmus Messanus] en ''Choral Public Domain Library.''
* [https://www.youtube.com/watch?hl=nl&v=HIWPp_utxVo Vilancico de Messanus] en Youtube, interpretado por Camerata Trajectina.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Compositores de Bélxica]]
[[Categoría:Compositores de música clásica]]