Ducado de Friúl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''Ducado de Friul''' foi un dos grandes ducados da [[Lombardía]]. Serviu de 'parachoques' entre [[Italia]] e os pobos [[eslavos]], a pesar de que, a miúdo, xunto cos ducados de [[ducado de Spoleto|Spoleto]], [[ducado de Benevento|Benevento]] e [[ducado de Trento|Trento]], Friúl intentaba establecer a súa independencia da autoridade real.
 
A provincia de Friúl foi a primeira de [[Italia]] que conquistaron os [[longobardos]] guiados por [[Alboíno]] o ano [[568]]. Alboíno deixou o goberno da rexión en mans do seu sobriño, [[Xisulfo I de Friúl]], ao cal se lle permitir escoller as familias nobres coas que se quería establecer. O emprazamento orixinal situouse entre os [[Alpes Cárnicos]] polo norte e os [[Alpes Xulianos]] polo leste, onde o acceso era bastante difícil. Estaba rodeado polo [[Exarcado de Rávena]] polo sur, onde non tivo acceso ao mar ata máis adiante, e por unha chaira que conducía a [[Panonia]], un punto de acceso perfecto para os invasores como os [[croatas]], os [[ávaros]], e posteriormente os [[pobo maxiar|húngaros]]. A beira oeste do territorio estivo sen definir ata que posteriores conquistas estableceron o [[Ducado de Ceneda]], situado alén do [[río Tagliamento]]. Orixinalmente a capital da provincia foi [[Aquileia]], pero a capital longobarda de Friúl foi ''Forum Iulii'', actualmente [[Friúl]].
 
O ano [[615]] conquistouse Concordia (situada na actual Suíza) e o [[642]] Opitergium (actual [[Oderzo]]). De dita forma os duques estenderon a súa autoridade cara ao sur en contra do Exarcado de Rávena. O ano [[663]], a capital foi conquistada polos [[ávaros]] por un breve período de tempo, xa que [[Grimoaldo I de Benevento]] non tardou en recuperala. Despois do asedio de Pavía o ano [[774]], [[Carlomagno]] permitiu a [[Hrodgaud de Friúl]] conservar o ducado, o cal continuou baixo o poder dos [[francos]] ata o ano [[828]], momento en que se dividiu en condados e desapareceu. Posteriormente volvéronse reunir baixo a [[Marca de Friúl]] o ano [[846]].