Moravia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 47:
Poboada polos [[moravo]]s, un pobo [[eslavo]], dende o [[século V]]. A finais do século VI foi invadida polos [[ávaros]], que estableceron un imperio entre o [[Río Elba|Elba]] e o [[Dniéper]].Tras varios intentos de se desembarazar do xugo ávaro, estes son finalmente derrotados por [[Carlomagno]] a fins do [[século VII]], e Moravia pasa a ser tributaria do [[Imperio Franco]]. A principios do século IX [[Mojmir]] crea o [[Reino de Moravia]], que se converterá, baixo os seus sucesores [[Rotislav]] e [[Svatopluk]] (rei entre [[870]]-[[894]]), no Grande Imperio Moravo ou ''Gran Moravia'', incluíndo a Moravia, Bohemia, Eslovaquia, o sur de Polonia e o oeste de Hungría. Nese período prodúcese a conversión ó [[cristianismo]] do territorio. No [[863]] arriban os monxes [[Cirilo e Metodio]], enviados polo emperador de [[Bizancio]], quen adaptan a liturxia da [[Igrexa Ortodoxa Grega]] ó idioma eslavo e fan oficial o [[alfabeto cirílico]] en todo o reino.
 
Tras ser derrotado polos [[pobo maxiar|maxiares]] no ano [[906]], os reinos veciños disputáronse Moravia. A partir do [[século XI]], Moravia uniuse a Bohemia e en [[1526]] ambas quedaron baixo o dominio dos [[Habsburgo]], introduciuse unha minoría de lingua alemá que no século XIX constituía o 29% da poboación.
 
== Notas ==