Imperio Mongol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 136:
Tras a súa morte o seu imperio foi dividido entre os seus fillos. A [[Sibéria Occidental]] e o [[Casaquistán]] ficaron con [[Jochi]], porén como este tamén morreu algúns meses despois, os seus dominios foron divididos entre [[Batu]] e [[Orda]]; O Turquestán ficou con [[Djaghatai]], no que viría a ser despois o [[Canato de Djaghatai]]; a [[Mongolia]] ficou con [[Tolui]] e o norte da China con [[Ogodai]].
 
En [[1229]] o seu fillo [[Ögödei]] sucedeuno, continuando coas guerras de expansión. Na China terminou de destruír os Xixia, conquistou a cidade de [[Kaifeng]] en [[1234]], rematando así a conquista da rexión norte e iniciando a guerra contra os Song do sur, alén de conquistar por completo a [[Corea]]. No [[Oriente Medio]] destruíu as últimas resistencias de [[Khwarezm]] e conquistou a [[Persia]]. Porén o seu maior feito sen dúbida foi a campaña contra a [[Europa]], comandada por [[Batu|Batu Khan]] e [[Subedei]]. Tras derrotaren aos [[Pobo búlgaro|búlgaros]] do [[río Volga|Volga]], os varios principados rusos foron devastados e conquistados, reducíndoos á vasalaxe. En [[decembro]] de [[1240]] [[Kiev]] foi conquistada e o ano seguinte nun ataque triplo foron invadidos [[Polonia]], [[Hungría]] e [[Romanía]]. Os exércitos polacos e alemás foron vencidos na batalla de [[Legnitz]] e os húngaros na batalla de [[Mohi]]. Ao final de [[1241]] Subedei estaba discutindo planos de invadir o norte da [[Italia]], [[Austria]] e os [[estados xermánicos]], porén debido á morte de Ögödei tal campaña foi abortada, xa que tiveran que volver á Mongolia para elixir o próximo [[khan]]. No camiño de volta devastaron [[Croacia]], [[Serbia]] e [[Bulgaria]], que se converteron en vasalos dos mongois.
 
Nos anos [[1250]], só no goberno de [[Mongke]], fillo de [[Tolui]], as conquistas foron retomadas. Especial significación tiveron as comandadas con gran autonomía por [[Hulagu Khan]]: en [[1256]] os asasinos da [[Persia]] foran destruídos e en [[1258]] [[Bagdad]] foi conquistada, poñendo fin ao agonizante [[Califato Abasida]]. Axiña foi a vez da [[Siria]]. Ao mesmo tempo na Europa hai un novo ataque contra a Polonia , liderado polo xeneral [[Nogai]]. Velaí que en [[1259]] [[Mongke]] morre e [[Hulagu Khan]] tivo que volver para a elección do novo khan, e as forzas de guarnición que mantivo foron derrotadas e expulsadas polos [[Mamelucos]], liderados por [[Baibars]], que lles inflixiu en [[1260]] unha derrota na batalla de [[Ain Jalut]], na [[Palestina]].