Liutprando: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Tenta en van unificar a península itálica baixo o dominio longobardo e entra con regularidade en conflito co [[Papado]]. Somete aos duques longobardos semiindepententes de [[Ducado de Spoleto|Spoleto]] e de [[Ducado de Benevento|Benevento]] e tenta expulsar definitivamente aos [[Imperio Bizantino|bizantinos]] de Italia, especialmente ao cercar [[Rávena]] en [[734]].
 
Tiña boas relacións cos [[francos]], participa na batalla do estanque de [[Berre-l'Étang|Berre]] contra as forzas [[Arabia|arabo]]-[[Islam|musulmás]] (derrota musulmá de [[739]]), onde participa igualmente o futuro rei franco, [[Pipino o Breve]]. En [[737]], asocia ao poder a [[Hildeprando]], o seu neto. Fai que se volvan a prohibir os matrimonios mistos entre longobardos e romanos, matrimonios que foran autorizados desde o final do [[século VII]], probabelmente para manter a cohesión nacional do pobo longobardo e dos outros pobos aliados ([[saxóns]], [[xépidos]], [[Pobo búlgaro|búlgaros]] etc…), entre a masa autóctona, moito máis numerosa.
== Trazos e características ==
Rei piadoso e sabio nas súas decisións, bo xefe militar, é o máis grande dos reis longobardos. Foi enterrado en [[Pavía]], a capital longobarda. Medía sobre 1.73/1.74m, talle bastante por riba da media para a época e en relación aos outros «italianos» da península.