Imperio Bizantino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 93:
=== O repregamento de Bizancio ===
 
Os séculos VII e [[século VIII|VIII]] constitúen na historia de Bizancio unha especie de "Idade Escura" acerca da cal temos moi escasa información. É un período de crise, do cal, malia as tremendas dificultades externas (a fustrigación do [[Islam]] e os continuos ataques de [[BulgariaPobo búlgaro|búlgaros]] e [[eslavos]]) e internas (as loitas [[iconoclasta]]s), o Imperio saíu transformado e reforzado.
 
==== As ameazas exteriores ====
Liña 101:
Con todo, apenas uns anos despois, entre [[633]] e [[645]], a fulgurante expansión do Islam arrebata para sempre ao Imperio, exhausto pola guerra contra Persia, as provincias de Siria, [[Palestina]] e Exipto. A mediados do século VII, as fronteiras estabilizáronse. Os árabes continuaron presionando, chegando ata a ameazar a capital, pero a superioridade naval bizantina, reforzada pola súa magníficas fortificacións navais e o seu monopolio do "[[lume grego]]" (un produto químico capaz de arder baixo a auga) salvou a Bizancio.
 
Na fronteira occidental, o Imperio viuse obrigado a aceptar desde a época de [[Constantino IV]] (668-685) a creación dentro das súas fronteiras, na provincia de [[Moesia]], do reino independente dos [[Pobo búlgaro|búlgaros]]. Ademais, pobos eslavos foron instalándose nos [[Balcáns]], chegando ata o [[Peloponeso]]. En Occidente, a invasión dos [[longobardos]] fixo moito máis precario o dominio bizantino sobre Italia.
 
==== A querela iconoclasta ====