Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 118:
No Mediterráneo Oriental xa se fixo mención a expansión grega no bronce arcaico e ás tres grandes familias lingüísticas gregas. A partir de aquí, as colonias expandíronse polo Mar Negro chegando a [[Quersoneso]] ([[Crimea]]) e a [[Cólquida]] ([[Xeorxia]]) e outros enclaves que arrodeaban este mar, tanto na costa europea como na asiática. Estas colonias puxeron en contacto o mundo heleno cos pobos provedores de peles, madeira, cabalos, peixe seco e afumado, metais, minerais e escravos.
 
A costa mediterránea de África tamén recibiu colonos gregos, se ben os establecementos foron escasos pola proximidade do deserto e porque a parte occidental era de soberanía indiscutida dos cartaxineses. A principal fundación foi [[Cirene]], no litoral exipcio, a cargo de emigrantes da illa de [[Thera]]. Os [[faraón]]s permitiron a fundación de [[Naucratis]], no [[delta do Nilo]], punto crucial para os intereses comerciais dos [[Exipto Antigo|exipcios]] e [[Pobo grego|gregos]] e dende aí os gregos comezan a penetración naquel pais, onde se incorporaron ao exercito como [[mercenario]]s e lograron unha grande influencia en diversos ámbitos.
 
== Esparta e Atenas ==