Leite condensado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Substracción > subtracción.
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
 
== Historia ==
Segundo os escritos de [[Marco Polo]], os [[pobo tártaro|tártaros]] eran quen de condensar o leite. Dez libras (4,54 kg) de pasta de leite eran transportadas por cada home, que despois mesturarían o produto con auga. Porén, probabelmente fai referencia ao lene [[leite callado]] tártaro que pode tomarse en forma de bebida ("[[ayran]]") diluíndoa, e polo tanto refírese a concentrado do leite fermentado, non fresco.
 
[[Nicolás Appert]] inventou o leite condensado en 1820,<ref>Nicolas Appert ''Le livre de tous les ménages ou l'art de conserver...'', Paris, 1831. http://www.appert-aina.com</ref> e [[Gail Borden, Jr.]] en 1852, porque o leite normal non se almacenaba ben sen refrixeración por máis dunhas poucas horas. No [[século XIX]] eran frecuentes as intoxicacións alimentarias provocadas polo consumo de leite por mor á contaminación do leite por bacterias durante o proceso de [[muxidura]] das vacas e a precariedade dos procesos de conservación. Mentres tornaba dunha viaxe a [[Inglaterra]] en 1851, Borden quedou impresionado pola morte de varios nenos, disque por mor do leite de vaca en mal estado. Pescudando durante menos dun ano e estudando os seus propios fallos e os doutros, Borden atopou a inspiración nunha cápsula de evaporación que ollara aos [[Shakers]] para condensar [[zume]], e foi quen de reducir o leite sen quemalo nin callalo.<ref>{{cita libro | apelidos =Becksvoort | nome =Christian |autor2=John Sheldon | data=01-09-1998 | título =The Shaker Legacy: Perspectives on an Enduring Furniture Style | editorial =Taunton Press |lugar=Newtown, CT | páxinas=13 | isbn = 1561582182}}</ref> Malia non teren éxito as súas dúas primeiras factorías<ref>O epitafio da lápida de Borden é "Intenteino e fracasei, intenteino unha e outra vez e conseguino" (''I tried and failed, I tried again and again, and succeeded'').</ref> e só a terceira, construída co seu novo socio, [[Jeremiah Milbank]],<ref>"Gail Borden: Dairyman To A Nation" por Joe B. Frantz, University of Oklahoma Press 1951</ref> en [[Wassaic]] ([[Nova York]]), produciu un derivado do leite duradeiro que non necesitaba refrixeración. Borden obtivo unha [[patente]] de fabricación en 1856 e fundou a ''New York Condensed Milk Company'' en 1857.