Siberia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
[[século XVI]], por orde do [[tsar]] [[Iván IV de Rusia|Iván o Terrible]], en xeral, ten moitos paralelismos coa conquista do Oeste americano: un pobo europeo tecnoloxicamente máis desenvolvido invade territorios ancestralmente ocupados por pobos nómades, con menos sofisticación tecnolóxica e un estilo de vida, tradicións e maneira de ollar para o mundo moi diferentes das do pobo invasor, armado tamén coa súa cultura xudaico-cristiá. O resultado inevitable é a derrota militar dos pobos con menor potencial tecnolóxico, que trae consigo unha asimilación cultural en gran medida forzada. Todos os pobos europeos que se expandiron polo mundo, derrotando militarmente as culturas autóctonas de menor potencial tecnolóxico, utilizaron algúns aspectos máis diferentes das culturas locais como pretexto para a súa clasificación como inferior, xustificando así non só a dominación mais todo o tipo de desmandos que chegaron mesmo á escravitude e ao xenocidio. Os rusos na Siberia non foron excepción.
 
Entre os trazos culturais usados para xustificar a dominación e a asimilación dos pobos siberianos salientan os ritos funerarios: debido á dificultade en abrir campas cos instrumentos de que dispuñan en solo xeado ou encharcado, as culturas siberianas non enterraban os seus mortos. Os [[koryaques]] e os [[pobo chukchi|chukchis]] disecábanos. Os [[yukaghires]] desmembrábanos e despois distribuían as varias partes, xa secas, entre os familiares máis próximos. Estes anacos do ente querido eran apelidados de "abós", funcionando como amuletos. Os [[kamchadales]], pola súa banda, tiñan en mente as necesidades de transporte no Alén: daban os cadáveres a comer aos cans, para que os falecidos tivesen un bo equipo de [[can]]s a puxarlles a [[zorra]].
 
Os rusos, presos ás súas tradicións cristiás, vían estes pobos como "bárbaros". Curiosamente, nesta mesma época (séculos XVII e XVIII), a [[Europa]] occidental ollaba para o [[czar]] e os seus súbditos dunha forma semellante. Poréb, os cosacos aprenderon axiña que lles sairía moi caro desprezar toda a experiencia acumulada polos siberianos ao longo das moitas xeracións que levaron a atopar as mellores solucións de sobrevivencia no clima agreste da Siberia e na escaseza local de recursos. Un dos aspectos onde eles mais axiña adoptaron os costumes locais foi na alimentación, e moita dela chegou aos nosos días.