Estrepsípteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 35:
Os machos dos estrepsípteros teñen ás, patas, [[ollo composto|ollos compostos]] e antenas, e superficialmente parecen moscas, aínd que as súas pezas bucais non lles serven para alimentarse. Moitas das súas pezas bucais están modificadas formando estruturas sensoriais. Os machos adultos teñen unh vida moi curta, xeralmente de menos dunhas cinco horas, e non se alimentan. As femias, de todas as familias menos as [[Mengenillidae]], son endoparasitas e non abandonan os seus hóspedes e teñen unha forma [[neotenia|neoténica]], carecen de ás, patas e ollos. As femias virxes liberan unha [[feromona]] que os machos usan para localizalas. Nos Stylopidia, a rexión anteior da femia asoma fóra do corpo do hóspede e así o macho aproveita para aparearse rompendo a abertura da canle de cría da femia, o cal está situado entre a cabeza e o protórax. O esperma pasa a través da abertura nun procesodenominado [[inseminación hipodérmica]].<ref name=insencyc/> As crís comen a súa nai desde o interior, o que se denomina [[Viviparismo|viviparismo hemocelo]]. Cada femia produce milleiros de larvas [[triungulino|triungulinas]] que emerxen pola abertura de cría ou incubación na cabeza, que asoma fóra do corpo do hóspede. Estas larvas teñen patas (que carecen de [[trocánter]], o segmento da pata que forma a articulación entre a coxa basal e o fémur), e buscan activamente un novo [[hóspede]].<ref name=borror>{{cite book|author1 = Borror, D.J.|author2 = Triplehorn, C.A.|author3 = Johnson, N.F.| year=1989 |title= Introduction to the Study of Insects|edition=6|publisher=Brooks Cole}}</ref> Entre os seus hóspedes están insectos das ordes [[Zygentoma]], [[Orthoptera]], [[Blattodea]], [[Mantodea]], [[Heteroptera]], [[Hymenoptera]] e [[Diptera]]. Na familia [[Myrmecolacidae]] de estrípteros, os machos parasitan [[formiga]]s, mentres que as femias parasitan ortópteros.<ref name="insencyc"/>
 
Os ovos de estrepsípteros eclosionan dentro da femia, e a [[planidio|larva planidio]] (''planidium'') pode moverse libremente dentro do [[hemocele]] da femia, o cal só se dá nestes animais. A femia ten unha canle de cría que comunica co exterior, e as larvas escapan por ela.<ref>[[Ross Piper|Piper, Ross]] (2007), ''Extraordinary Animals: An Encyclopedia of Curious and Unusual Animals'', [[Greenwood Press (publisher)|Greenwood Press]].</ref> As larvas son moi activas, xa que só teñen un tempo bastante limitado para encontrar un hóspede antes de que esgoten as súas reservas alimenticias. Estaslarvas do primeiro [[instar]] teñen [[stemmata]] (ollos simples dunha soa lente), e unha vez que conseguen aferrarse á superficie dun hóspede, entran dentro del segregando [[encima]]s que abrandan a cutícula, xeramente na rexión abdominal do hóspede. Algunhas especies entran nos ovos do hóspede. As larvas de ''Stichotrema dallatorreanurn'' de [[Papúa Nova Guinea]] entran nos seus hóspedes ortópteros polo trsotarso (pé).<ref>{{cite journal | last1 = Kathirithamby | first1 = Jeyaraney | year = 2001 | title = Stand tall and they still get you in your Achilles foot-pad | url = | journal = Proceedings of the Royal Society of London B: Biological Sciences | volume = 268 | issue = 1483| pages = 2287–2289 | doi=10.1098/rspb.2001.1810}}</ref> Unha vez dentro do hóspede, sofren [[hipermetamorfose]] e convértense nunha fase larvaria menos móbil e sen patas. Inducen ao hóspede a poducir unha estrutura similar a unha bolsa dentro da cal elas se alimentan e crecen. Esta estrutura, feita de tecidos do hóspede, protéxeas das defensas inmunitarias do hóspede. As larvas pasan por catro instars máis e en cada [[muda (bioloxía)|muda]] ten lugar o despegamento da cutícula vella, pero non a desprenden ("[[apólise]] sen [[écdise]]"), o que fai que se formen múltiples capas de cutícula arredor da larva.<ref>{{cite journal | last1 = Kathirithamby | first1 = Jeyaraney | last2 = Ross | first2 = Larry D. | last3 = Johnston | first3 = J. Spencer | year = 2003 | title = Masquerading as Self? Endoparasitic Strepsiptera (Insecta) Enclose Themselves in Host-Derived Epidermal Bag | url = | journal = Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America | volume = 100 | issue = 13| pages = 7655–7659 | doi=10.1073/pnas.1131999100}}</ref> As larvas macho producen pupas despois da última muda, pero as femias fanse directamente adultos neoténicos.<ref>{{cite journal|author=Beani, Laura |year=2006|title= Crazy wasps: when parasites manipulate the ''Polistes'' phenotype| journal= Annales Zoologici Fennici |volume=43| pages=564–574 |url=http://www.sekj.org/PDF/anz43-free/anz43-564.pdf}}</ref><ref>{{cite journal|author = Kathirithamby, J |year=2000| title= Morphology of the female Myrmecolacidae (Strepsiptera) including the ''apron'', and an associated structure analogous to the peritrophic matrix| journal= Zoological Journal of the Linnean Society|volume= 128| pages=269–287| doi=10.1111/j.1096-3642.2000.tb00164.x}}</ref> A cor e forma do abdome do hóspede pode cambiar e o hóspede xeralmente queda estéril. Os parasitos despois sofren a [[pupación]] para converterse en adultos. Os machos adultos saen do corpo dos seus hóspedes, mentres que as femias permanecen dentro. As femias poden chegar a ocupar o 90% do volume abdominal dos seus hóspedes.<ref name=insencyc/>
 
Os machos adultos de estrepsípteros teñen ollos distintos aos doutros insectos, que lembran o ollo esquizocroal dos extintos [[trilobites]] do grupo dos [[Phacopina]]. En lugar de ser un [[ollo composto]] típico formado por centos ou miles de [[omatidio]]s, cada un dos cales produce un [[píxel]] da imaxe completa en mosaico, o ollo dos estrepsípteros consta de só unhas poucas ducias de "olletes" cada un dos cales produce unha imaxe completa. Estes olletes están separados uns doutros por unha cutícula ou sedas, o que lle dá ao olloconxunto un aspecto de [[amora]].<ref name=insencyc/><ref>{{cite journal| author1= Buschbeck, E. K. | author2= B. Ehmer | author3= R. R. Hoy |year=2003 | title= The unusual visual system of the Strepsiptera: external eye and neuropils |journal= Journal of Comparative Physiology A |volume= 189|pages=617–630 |doi=10.1007/s00359-003-0443-x |url=http://hoylab.cornell.edu/hoy/buschbeck_ehmer_hoy2003.pdf}}</ref>