Albino Núñez Domínguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
troco de EXB a CEIP
Liña 12:
Ao aprobar a oposición ao Corpo de Directores Escolares, Núñez Domínguez é trasladado ao Grupo Escolar «Concepción Arenal» da [[Coruña]], onde seguiría desenvolvendo as novas técnicas escolares, establecendo «novos fins» da educación e orientando para eses fins a obra social da escola «por medios psicobiolóxicos de adaptación do comportamento». Pero a guerra civil truncou as súas aspiracións humanistas cando era director do Centro antes mencionado. A partir de [[1936]] dedícase ao ensino privado, primeiro en [[Lugo]], e máis tarde en Ourense, onde funda, en [[1949]], o centro de ensino «[[Estudios Galicia]]». O grande interese deste centro radicaba, sobre todo, na especial atención dedicada á formación de mestres que logo levarían ás súas aulas as novas técnicas de ensino, conectando así coa súa primeira etapa de director de «Escuela de Trabajo» como divulgador dos métodos de avanzada pedagoxía na provincia de Ourense.
 
En agosto de [[1959]] foi rehabilitado, primeiro como mestre e logo como director escolar, ocupando o seu último destino na [[A Estrada|Estrada]] ([[Pontevedra]]). Faleceu en Ourense o día 7 de febreiro de [[1974]]. O Centro de EC.GE.BI.P de Casardomato (Ourense) leva o seu nome por proposta da Corporación municipal ([[1980]]).
 
== Obra ==