Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Libro de estilo»

m
As citas textuais incluídas no corpo dos artigos, mediante o uso de modelos do tipo {{m|cita}}, {{m|cadro de citas}} ou directamente no propio texto, tradúcense ó galego sempre que sexa posible. Nos casos nos que se destaque dita cita, cómpre indicar de forma visible que é unha tradución da cita orixinal ó galego, e en tódolos casos requírese unha referencia que indique a fonte ou ligue o texto da cita orixinal segundo indica a [[Wikipedia:Fontes fiables#Citas|política]] correspondente.
 
En determinadas ocasións pode considerarse axeitado incluír o texto da cita na lingua orixinal en forma de [[Axuda:Citas ao pé|nota o pé]], ou no propio corpo do artigo acompañando á tradución ó galego. Este último caso adoita darse cando o texto na lingua orixinal ten unha certa relevancia por si mesmo, fornece contexto adicional ou resulta importante que vaia destacado no corpo do artigo. Isto pode suceder, por exemplo, cando se precisa explicar unha etimoloxía, en poemas, cancións, himnos ou textos literarios, cando se quere resaltar unha expresión ou redacción concreta, cando se representa un documento oficial ou cando a cita na lingua orixinal ten unha notoriedade particular que trascende incluso noutras linguas. A idoneidade de incluirincluír o texto da cita na lingua orixinal nunha nota ó pé ou no corpo do artigo dependerá en cada caso do criterio e/ou acordos do editor ou editores participantes no artigo concreto. Ademais, cando o texto citado é de por si unha tradución do texto orixinal noutra lingua diferente, non se considera axeitado nin útil a súa inclusión no propio corpo do artigo. A inclusión ou non deste tipo de textos en forma de nota ó pé dependerá de novo do criterio do editor ou editores.
 
=== Variantes galegas ===