J. J. Redick: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 32:
Redick pasou 4 tempadas na [[Duke Blue Devils|Universidade de Duke]] onde se converteu nunha lenda universitaria. Estivo desde [[2000]] até [[2006]], e nese período converteuse no máximo anotador na historia da [[Central Michigan]]. No partido polo campionato da ACC anotou 30 puntos na vitoria ante [[NC State Wolfpack|North Carolina State]].
[[Ficheiro:JJRedick.JPG|esquerda|150px|miniatura|J.J. Redick con Duke.]]
No seu ano sophomore, en [[2003]]-[[2004|04]], Redick alcanzou a Final Four tras vencer a Xavier na final rexional, con todo, quedaron ás portas despois de caer en semifinais ante [[UConn Huskies]] 79-78. Fixo 15,9 puntos, 3,1 rebotes e 1,6 asistencias por partido. Superou o seu propio recordrécord de tiros libres anotados consecutivamente con 54, cifra recordrécord na Atlantic Coast Conference.
 
Durante o seu ano junior, co-capitaneou o equipo xunto á base [[Daniel Ewing]], e tras ter unha media de 21,8 puntos gañouse o Premio Adolph Rupp (superando a [[Andrew Bogut]], quen levou o Universitario do Ano), un trofeo recibido polo mellor xogador de baloncesto masculino da [[NCAA|División I da NCAA]]. Está considerado como un dos premios máis importantes do baloncesto universitario. Tamén logrou o título de Xogador do Ano na Atlantic Coast Conference. Con Duke caería en semifinais rexionais ante [[Michigan State Spartans|Michigan State]].
 
En [[2006]] fixo historia logrando no seu ano senior os catro premios máis importantes do baloncesto universitario a nivel xeral: O Universitario do Ano (ou Naismith College Player of the Year), o Premio John R. Wooden, o Oscar Robertson Trophy e o Premio Adolph Rupp (só dous xogadores lograron este trofeo máis de dúas veces, [[Ralph Sampson]] e [[Bill Walton]]), ademais do título de Xogador do Ano na ACC. Acabou a tempada cunhas medias de 26,8 puntos, 2 rebotes e 2,6 asistencias. Con 964 puntos, quedou a seis puntos do recordrécord de anotación nunha tempada na ACC que ostenta [[Dennis Scott]] desde [[1990]].
 
Fixo unha media durante esas catro campañas de 19,9 puntos cunhas porcentaxes do 40m6 en triplas e do 91,2 en tiros libres. Con 2.769 converteuse no máximo anotador na historia de Duke, da Atlantic Coast Conference e do seu torneo, con 225, superando os 220 de Len Chappell ([[1960]]-[[1962|62]]). J.J. Redick foi membro en [[2003]] do equipo junior que gañou o Mundial, e en [[2005]] tamén estivo coa selección sub'21 gañando o Mundial e os Global Games. O [[4 de febreiro]] de [[2007]] no Cameron Indoor Stadium, Duke retirou o seu número 4 nunha cerimonia especial, converténdose no decimo terceiro xogador en que a universidade lle retira o dorsal.