Abrir o menú principal

Cambios

No outono de [[1893]], Vladimir trasladouse a [[San Petersburgo]], daquela capital do [[Imperio Ruso]], onde esta a comezar un proceso de [[industrialización]] masiva. Primeiramente instalouse nun edificio de apartamentos na Rúa Sergievsky, no distrito Liteiny, antes mudarse ao número 7 do Canellón Kazachy, preto do Haymarket. Tomando traballo como asistente do avogado M.F. Volkenstein, uniuse a unha célula clandestina revolucionaria dirixida por S.I. Radchenko, cuxos membros eran principalmente estudantes de Instituto Tecnolóxico da cidade. Ao igual que Vladimir eran marxistas, e chamábanse a si mesmos os "socialdemócratas" por mor do [[Partido Socialdemócrata de Alemaña]], que nese momento era tamén [[marxista]]. Impresionado polo seu amplo coñecemento, déronlle a benvida e pronto se converteu nun importante membro do grupo.<ref>{{cita Harvard|Rice|1990|sp=si|pp=38-40, 43}}</ref> En xaneiro de [[1894]] debateu abertamente co coñecido teórico V.P. Vorontsov, autor do libro ''O destino do capitalismo en Rusia'' ([[1882]]), nunha reunión clandestina sobre a defensa do pensamento marxista dentro do movemento socialista revolucionario, onde o seu comportamento aberto foi notado por un espía da policía que estaba presente. Coa intención de erixir un movemento marxista en Rusia, Vladimir contactou con Petr Bernardovich Struve, un enriquecido simpatizante do cal agardaba que axudase na extensión da publicación da literatura marxista, e ademais alentou a fundación de novas células revolucionarias nos principais centros industriais de Rusia. Tamén se fixo amigo dun mozo [[xudeu]] ruso marxista chamado [[Julius Martov]] ([[1873]]-[[1923]]), quen animou os seus compañeiros no grupo para adicasen menos tempo á teorización intelectual e máis tempo á actividade revolucionaria.<ref>{{cita Harvard|Service|2011|sp=si|pp=90-92, 96, 104-105}}</ref>
 
{{Imaxe dupla|right|Lenin-1895-mugshot.jpg|170|KrupskayaPhoto.png|160|Lenin (esquerda) nunha foto policial de decembro de 1895, e a súa namorada [[Nadezhda Krupskaia|Nadezhda "Nadya" Krupskaia]] (dereita), quen máis tarde se convertería na súa muller.}}
Vladimir comezou unha relación cunha compañeira marxista,<ref>{{cita Harvard|Fischer|1964|sp=si|pp=22-23, 25}}</ref> a [[mestra]] [[Nadezhda Krupskaia|Nadezhda "Nadya" Krupskaia]] ([[1869]]-[[1939]]), quen lle presentara a varios traballadores socialistas. No [[outono]] de [[1894]], Vladimir era xa o líder dun círculo de traballadores que se xuntaban os domingos durante dúas horas para discutir ideas revolucionarias socialistas, cos cales utilizaba un [[pseudónimo]], Nikolai Petrovich, a pesar de que cariñosamente se referían a el como ''Starik'' (vello) por mor da súa aparencia. Isto e outras accións devíanse a que era moi meticuloso para cubrir as súas pegadas, xa que a policía tiña moitos espías que trataban de infiltrarse no movemento revolucionario.<ref>{{cita Harvard|Rice|1990|sp=si|pp=41-43}}</ref> Na época tamén tamén escribiu o seu primeiro tratado político: ''Quen son os "amigos do Pobo" e como loitan os [[socialdemocracia|socialdemócratas]]'', baseado en gran parte nas súas experiencias en Samara, sendo preto de 200 exemplares impresos e distribuídos ilegalmente. Aínda que tomou ideas de outros, Lenin e os socialdemócratas chocaban coas ideas do Partido Social-Revolucionario (SR), que seguía exemplo do xa defunto Partido Popular pola Liberdade. Promocionando unha plataforma agraria socialista, o SR facía fincapé no papel do campesiño como revolucionario, destacando o feito de que en [[1881]] había 75 millóns de campesiños e tan só un millón do [[proletariado]] urbano. Pola contra, os marxistas crían que a motivación principal da clase campesiña era ser dono da súa propia terra, e que eran por tanto capitalistas, non socialistas; en cambio, viron o proletariado como a forza revolucionaria que traería o socialismo. Vladimir, con todo, conserva influencias do pensamento de militante agrariosocialista de Pëtr Tkachëvi ([[1844]]-[[1886]]).<ref>{{cita Harvard|Service|2011|sp=si|pp=98, 105}}</ref>