Lenin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 51:
No outono de [[1893]], Vladimir trasladouse a [[San Petersburgo]], daquela capital do [[Imperio Ruso]], onde esta a comezar un proceso de [[industrialización]] masiva. Primeiramente instalouse nun edificio de apartamentos na Rúa Sergievsky, no distrito Liteiny, antes mudarse ao número 7 do Canellón Kazachy, preto do Haymarket. Tomando traballo como asistente do avogado M.F. Volkenstein, uniuse a unha célula clandestina revolucionaria dirixida por S.I. Radchenko, cuxos membros eran principalmente estudantes de Instituto Tecnolóxico da cidade. Ao igual que Vladimir eran marxistas, e chamábanse a si mesmos os "socialdemócratas" por mor do [[Partido Socialdemócrata de Alemaña]], que nese momento era tamén [[marxista]]. Impresionado polo seu amplo coñecemento, déronlle a benvida e pronto se converteu nun importante membro do grupo.<ref>{{cita Harvard|Rice|1990|sp=si|pp=38-40, 43}}</ref> En xaneiro de [[1894]] debateu abertamente co coñecido teórico V.P. Vorontsov, autor do libro ''O destino do capitalismo en Rusia'' ([[1882]]), nunha reunión clandestina sobre a defensa do pensamento marxista dentro do movemento socialista revolucionario, onde o seu comportamento aberto foi notado por un espía da policía que estaba presente. Coa intención de erixir un movemento marxista en Rusia, Vladimir contactou con Petr Bernardovich Struve, un enriquecido simpatizante do cal agardaba que axudase na extensión da publicación da literatura marxista, e ademais alentou a fundación de novas células revolucionarias nos principais centros industriais de Rusia. Tamén se fixo amigo dun mozo [[xudeu]] ruso marxista chamado [[Julius Martov]] ([[1873]]-[[1923]]), quen animou os seus compañeiros no grupo para adicasen menos tempo á teorización intelectual e máis tempo á actividade revolucionaria.<ref>{{cita Harvard|Service|2011|sp=si|pp=90-92, 96, 104-105}}</ref>
 
{{Imaxe dupla|right|Lenin-1895-mugshot.jpg|170|KrupskayaPhoto.png|160|Lenin (esquerda) nunha foto policial de decembro de 1895, e a súa namorada Nadezhda "Nadya" KrupskayaKrupskaia (dereita), quen máis tarde se convertería na súa muller.}}
Vladimir comezou unha relación cunha compañeira marxista,<ref>{{cita Harvard|Fischer|1964|sp=si|pp=22-23, 25}}</ref> a [[mestra]] [[Nadezhda KrupskayaKrupskaia|Nadezhda "Nadya" KrupskayaKrupskaia]] ([[1869]]-[[1939]]), quen lle presentara a varios traballadores socialistas. No [[outono]] de [[1894]], Vladimir era xa o líder dun círculo de traballadores que se xuntaban os domingos durante dúas horas para discutir ideas revolucionarias socialistas, cos cales utilizaba un [[pseudónimo]], Nikolai Petrovich, a pesar de que cariñosamente se referían a el como ''Starik'' (vello) por mor da súa aparencia. Isto e outras accións devíanse a que era moi meticuloso para cubrir as súas pegadas, xa que a policía tiña moitos espías que trataban de infiltrarse no movemento revolucionario.<ref>{{cita Harvard|Rice|1990|sp=si|pp=41-43}}</ref> Na época tamén tamén escribiu o seu primeiro tratado político: ''Quen son os "amigos do Pobo" e como loitan os [[socialdemocracia|socialdemócratas]]'', baseado en gran parte nas súas experiencias en Samara, sendo preto de 200 exemplares impresos e distribuídos ilegalmente. Aínda que tomou ideas de outros, Lenin e os socialdemócratas chocaban coas ideas do Partido Social-Revolucionario (SR), que seguía exemplo do xa defunto Partido Popular pola Liberdade. Promocionando unha plataforma agraria socialista, o SR facía fincapé no papel do campesiño como revolucionario, destacando o feito de que en [[1881]] había 75 millóns de campesiños e tan só un millón do [[proletariado]] urbano. Pola contra, os marxistas crían que a motivación principal da clase campesiña era ser dono da súa propia terra, e que eran por tanto capitalistas, non socialistas; en cambio, viron o proletariado como a forza revolucionaria que traería o socialismo. Vladimir, con todo, conserva influencias do pensamento de militante agrariosocialista de Pëtr Tkachëvi ([[1844]]-[[1886]]).<ref>{{cita Harvard|Service|2011|sp=si|pp=98, 105}}</ref>
 
Vladimir agardaba promover unha boa relación entre o seu movemento socialdemócrata e o Grupo para a Emancipación do Traballo,unha organización fundada en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] ([[Suíza]]) por Pleckhanov e outros emigrados marxistas rusos en [[1883]]. E.I. Sponti e el mesmo foron seleccionados para viaxar a Suíza para reunirse con Pleckhanov, que aínda que xeralmente apoiaba os movementos socialdemócratas criticábaos por ignorar o papel que a burguesía podería desempeñar na revolución antitsarista.<ref>{{cita Harvard|Fischer|1964|sp=si|pp=30-31}}</ref> Viaxando a [[Zúric]], Vladimir coñeceu e estableceu amizade con Pavel Axelrod, outro membro do Grupo para a Emancipación do Traballo. Partindo de [[París]] ([[Francia]]) reuniuse con [[Paul Lafargue]] e realizou unha investigación na [[Comuna de París]] de [[1871]], véndoa como un prototipo para un goberno proletario. Financiado pola súa nai, regresou a Suíza para permanecer nun ''spa'' antes de viaxar a [[Berlín]] ([[Alemaña]]), alí reuniuse con [[Wilhelm Liebknecht]]<ref>{{cita Harvard|Service|2011|sp=si|p=103}}</ref> e estudou durante seis semanas na Staatsbibliothek. Regresou a Rusia cun cargamento ilegal de literatura revolucionaria, e viaxou por varias cidades, chegando a ser consciente de que estaba a ser controlado pola policía. Coincidindo cunha serie de folgas en San Petersburgo,<ref>{{cita Harvard|Rice|1990|sp=si|pp=44-48}}</ref> centradas na fábrica téxtil Thornton en [[1895]], distribuíu literatura marxista entre traballadores, ademais de implicarse na produción dun boletín informativo: ''A causa dos traballadores''. Porén, tanto el como outros corenta activistas foron detidos a noite antes da publicación do primeiro número e acusados de cometer actividades sediciosas.<ref>{{cita Harvard|Rice|1990|sp=si|pp=48-51}}</ref>
Liña 95:
Lenin estaba a prepararse para ir á biblioteca Altstadt despois do xantar o [[15 de marzo]], cando un compañeiro de exilio, o [[Polonia|polaco]] Mieczysław Broński, irrompeu exclamando: "Non ouviches as novas? Hai unha revolución en Rusia!". Ao día seguinte, Lenin escribiu a Alexandra Kollontai en [[Estocolmo]] insistindo na "[[propaganda]] revolucionaria, a axitación e a loita co obxectivo dunha revolución proletaria ''internacional'' e a conquista do poder polos soviets dos representantes dos traballadores". Ao día seguinte: "Dispersádevos! Levantade novas seccións! Espertade novas iniciativas, formade novas organizacións en cada estrato e demostradelles que a paz só pode vir co soviets armados de representantes dos traballadores no poder".<ref name="Krupskaya">{{cita libro|autor=Krupskaya, Nadezhda|url=http://www.marxists.org/archive/krupskaya/works/rol/|título=Reminiscences of Lenin|ano=1933|editor=International Publishers|capítulo=Last Months In Emigration|lingua=inglés|urlcapítulo=http://www.marxists.org/archive/krupskaya/works/rol/rol21.htm}}</ref>
 
Lenin estaba decidido a regresar xa a Rusia, mais non foi unha tarefa fácil en medio da [[Primeira Guerra Mundial]]. [[Suíza]] estaba rodeada polos países en guerra de [[Terceira República Francesa|Francia]], [[Imperio Alemán|Alemaña]], [[Austria-Hungría]] e [[Reino de Italia (1861-1946)|Italia]], e os mares estaban dominados polo [[Reino Unido]], aliado de [[Imperio Ruso|Rusia]]. Lenin consideraba cruzar Alemaña cun [[pasaporte]] [[Suecia|sueco]], pero KrupskayaKrupskaia bromeou dicindo que se delataría por insultar os [[menxevique]]s en ruso mentres durmía.<ref name="Krupskaya" />
[[Ficheiro:Locomotive 293.jpg|thumb|Locomotara que levou a Lenin a [[Petrogrado]] en [[1917]].]]
As negociacións co [[Goberno Provisional Ruso|Goberno provisional]], para obter un paso a través de Alemaña para os exiliados rusos a cambio de prisioneiros alemáns e austrohúngaros da guerra prolongáronse. Co tempo, pasando por alto ao Goberno provisional, o [[31 de marzo]] o comunista suízo Fritz Platten obtivo permiso do ministro de Relacións Exteriores de Alemaña a través do seu embaixador en Suíza, o barón Gisbert von Romberg, para Lenin e outros exiliados rusos para viaxar a través de Alemaña e Rusia nun vagón de tren selado. A petición de Lenin, o transporte estaría protexidos de interferencias por unha concesión especial de status de extraterritorialidade.<ref>{{cita libro|autor=Schulz, J., Lorenzen, C., Guenther, C., Koschofer, N.|título=Die Geschichte Russlands Ep1 - Sankt Petersburg|ano=2011|localización=Colonia|editor=Colonia Media|postscript=. Película para WDR/NDR/RBB. 00:30:00}}</ref>
 
O 9 de Abril Lenin e KrupskayaKrupskaia reuníronse cos seus compañeiros de exilio en [[Berna]] e un grupo duns trinta subiron a un tren que os levou a [[Zúric]]. Dende alí viaxaron nun tren arranxado especialmente que os estaba a esperar en Gottmadingen, xusto antes da estación fronteiriza oficial alemá de Singen. Acompañado por dous oficiais do Exército alemán, que estaban sentado na parte traseira do vagón só detrás dunha liña pintada con xiz, os exiliados viaxaron a través de [[Frankfurt]] e [[Berlín]] e chegaron o [[12 de abril]] a Sassnitz (actual [[Estados de Alemaña|estado]] de [[Mecklemburgo-Antepomerania]]), onde un ferre levoulles a Trelleborg ([[Suecia]]). KrupskayaKrupskaia observou pola xanela do vagón ao pasar por Alemaña como os exiliados eran "golpeados pola ausencia total de homes adultos. Só as mulleres, os adolescentes e os nenos podíase ver nas estacións que cruzaban polo camiño, nos campos, e nas rúas dos vilas". Unha vez en Suecia, o grupo viaxou por tren a [[Estocolmo]] e dende alí de volta a Rusia.<ref name="Krupskaya" />
 
Pouco antes da medianoite o [[16 de abril]] <small>([[Calendario xuliano|xul.]] [[3 de abril]])</small> de [[1917]], o tren de Lenin tren chegou á Estación de Finlandia de [[Petrogrado]]. Así foi recibido ao son da [[A Marsellesa|Marsellesa]] por unha multitude de obreiros, mariñeiros e soldados que levaban bandeiras vermellas: xa un ritual na Rusia revolucionaria para recibir de volta a casa aos exiliados políticos. Lenin foi recibido oficialmente por Chkheidze, o presidente menxevique do soviet de Petrogrado. Porén, Lenin dirixiuse deliberadamente á multitude en vez de dirixirse a el, falando sobre a importancia internacional da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución Rusa]]:<ref>{{cita Harvard|Figes|1997|sp=si|p=384}}</ref><ref>{{cita libro|autor=Clark, Ronald W.|título=Lenin: The Man Behind the Mask|localización=Londres|editor=Faber and Faber|ano=1988|páxina=210-211|isbn=978-0-06-015802-6|lingua=inglés}}</ref>
Liña 269:
{{Cita|"É moi amable e de aparencia sinxela, sen ningún rastro de arrogancia. Se un o ve sen saber quen é, non se crería que posúe un inmenso poder ou que se saia do ordinario. Xamais coñecín a unha persoa tan pouco disposta a darse aires de importancia. Mira aos seus contertulios cunha mirada escrutadora, chiscando un ollo, o que parece aumentar nun grao inquietante o poder de penetración do outro. Ri con facilidade; nun principio a súa risa parece simplemente amable e alegre, pero aos poucos cheguei a sentila un tanto irónica. É autoritario, tranquilo e incapaz de ter medo. É un home extraordinariamente carente de egoísmo, unha teoría feita home. Un sente que se aferra á concepción materialista da historia como a nena dos seus ollos. Parécese a un profesor no seu desexo de facer que a súa teoría sexa entendida, tanto no furor que sente contra aqueles que a comprenden mal ou non están de acordo, como tamén no seu amor por ensinar. Teño a impresión de despreza a moita xente e de que é un aristócrata intelectual."}}
 
Segundo a maioría dos relatos,<ref>{{cita libro|autor=Le Blanc, Paul|título=Revolution, Democracy, Socialism – Selected Writings of Lenin|editor=Pluto Press|localización=Londres|ano=1964|isbn=978-0745327600|lingua=inglés|páxinas=24–25}}</ref> na súa vida persoal era un home modesto e sen pretensións. Gustábanlle os nenos e os gatos, e as súas afeccións eran o [[ciclismo]], a [[fotografía]], o [[xadrez]], a [[patinaxe]], a [[natación]], a [[Cinexética|caza]], a [[música]] e o sendeirismo. Pola contra non lle gustaba o desorde, tiña sempre o seu escritorio ordenado e os seus lapis con punta. Durante o seu exilio en [[Suíza]], acompañado pola súa esposa KrupskayaKrupskaia, desenvolveu unha considerable paixón por camiñar entre as montañas.
 
== Legado ==