Literatura en aragonés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 6:
 
[[Joan Ferrández d'Heredia]] creou en [[Aviñón]] na segunda metade do século XIV un obradoiro de tradutores onde se fixeron versións ao aragonés de obras historiográficas e literarias, traducindo a [[Plutarco]], [[Marco Polo]], [[Tucídides]] e [[Orosio]]. Tamén no seculo XIV (1369) se publicou a versión en aragonés da ''Crónica pinatense''. A partir do século XV coa chegada dos [[Trastamara]] ao trono aragonés o castelán substitúe totalmente ao aragonés como lingua de cultura, pouco é o que se conserva en aragonés como unha tradución da Crónica de Bernat Desclot de mediados do século XV. Non obstante o aragonés sobreviviu na literatura alxamiada, isto é a literatura producida polos musulmáns aragoneses ben nun aragonés con trazos casteláns ou ben nun castelán con numerosos trazos aragoneses e numerosos arabismos escrito con carácteres árabes que se desenvolveu desde o século XIV ata 1610 cando foron expulsados da Península, obras como o ''Poema de Yuçuf'', ''Historia dos amores de París e Viana'' forman parte desta literatura.
 
== Idade Moderna ==
 
A partir do século XVII o aragonés desapareceu como lingua literaria, tan só empregada para a redacción de poesías de carácter popular, a nómina de escritores foi escasísima, Ana Abarca de Bolea, abadesa de Casbas publicou en 1679 tres poemas, ''Albada del Nacimiento'', ''Bayle Pastoril al Nacimiento'' e ''Romance a la Procesión del Corpus'', tamén sobreviviu o aragonés nos ''dances'', representacións dramáticas populares nas cales interveñen bailes.