Les Mains sales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
Cando se quedan Olga e Hugo sós, ela dille que lle conte, dende o principio, como sucedeu o de Hoederer. Empeza a contar a súa historia datada en Marzo do [[1943]], cando traballaba nun periódico do Partido. Hugo entrou no Partido no 42 cando o Rexente declarou a guerra á [[URSS]]. Hoederer, como líder do Partido, toma a decisión de pactar coas forzas políticas, para que, una vez acabada a guerra repartir o poder. Louis non está de acordo e decide que teñen que asasinalo, antes de que se reúna cas autoridades. É aí cando Hugo quere ter una participación activa e ofrécese para tal acto.
 
Hugo acude á casa de Hoederer con Jessica, a súa muller, para traballar como secretario e así matalo. Durante os días que está na súa casa non se atreveu a matalo, ten curiosidade de coñecer as súas ideas. A súa muller parece que se sintesente atraída por Hoederer. Un día no que estaban falando e bebendo, chegan Karsky, secretario do Pentágono, e o príncipe Paul. Mentres están chegando a un acordo no que estes ceden ás condicións de Hoederer, Hugo protesta en voz alta porque non está de acordo e incluso intenta coller a pistola que ten no peto. Pero non se atreve a matalo. Cando o intentan botar da reunión hai una explosión. Alguén tiña una bomba. Non había mortos, só un ferido.
 
Hugo emborráchase, vai a súa habitación. Alí estaba Jessica. Aparece Olga, que é a persoa que tirou a bomba co fin de matar a Hoederer, xa que Hugo non o fixera. Olga explícalle a Hugo que O Partido xa on confia nel e cren que non é capaz de matar a Horederer e logo vaise. Hoederer vai á habitación de Hugo e de Jessica. Entablan conversación; Hoederer fala como un comunista práctico e Hugo defende os seus [[ideais comunistas]] e non acepta o pacto porque parécelle que é unha ofensa a todos aqueles que deron a súa vida pola causa. Pero Hoederer replicáballe dicindo que co [[pacto]] evitaranse máis mortes.