O padriño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31:
Presenta un retrato preciso e profundo dunha época e un ambiente, pero principalmente é unha crítica á sociedade norteamericana, as relacións intrafamiliares, á práctica política e ós seus esquemas morais tratados sutilmente como fondo do guión mediante temáticas relativas ó mundo da mafia, a inmigración, a relación de parella, os sistemas de dominación familiares, a violencia criminal e a súa asociación política entre outros aspectos.
 
Parte do atractivo visual e estilístico da obra consiste na interpretación da figura de [[Michael Corleone]]. Na secuencia inicial da película, Michael preséntasenos con rostro anxelical, ata Coppola emprega filtros especiais que reducen as súas enrugas e que, combinados coa iluminación e a maquillaxe, ensínannos un Michael moito máis novo, recentemente abandonada a adolescencia. O brutal cambio que se opera na súa alma cando asume a herdanza de sangue dos Corleone reflíctese tamén no seu rostro, que na última escena é xa o dun home maduro, complexo, que mira directamente ós ollos e mintemente con todo o seu corazón.
 
Criticóuselle ó director o feito de ofrecer unha imaxe demasiado atractiva do mundo da mafia.