República Turca do Norte de Chipre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 179:
A diminución nas restricións para viaxar entre as dúas partes da illa en abril de [[2003]] permitiu un gran movemento de persoas sen incidentes étnicos. En agosto de [[2004]], novas regulacións da [[Unión Europea]] (EU) permitiron que mercancías producidas no norte da illa sexan vendidas no sur satisfacendo os requirimentos fito-sanitarios desta asociación. En maio [[2005]], as autoridades turco-chipriotas adoptaron unha nova regulación a semellanza da UE aceptando que certas mercancías do sur sexan vendidas no norte. A pesar deses esforzos, o comercio entre ambos os lados é moi limitado.
 
En canto ao comercio exterior, [[Turquía]] siguesegue sendo o principal socio da República Turca do Norte de Chipre, provendo 60% das importacións e recibindo o 40% das exportacións. Un caso importante foi a sentenza da Corte de Xustiza Europea do 5 de xullo de [[1994]] no cal non recoñecía os certificados estendidos polas autoridades da República. Esta reduciu as exportacións en US$36,4 millóns (ou 66,7% de total) en 1993 e en US$13,8 millóns en 2003 (ou sexa o 28% do total). Aínda así, a EU continua sendo o Segundo destino comercial con 25 % das importacións e 28% das exportacións.
 
O total das importacións incrementáronse a US$853,1 millóns en 2004 (de US$477,7 millóns en 2003), mentres que o total das exportacións aumentaron en US$61,5 millóns (de US$50,6 millóns en 2003).