Electronic Body Music: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Unha das características principais é a frialdade e contundencia das bases rítmicas, que a pesar de seren bailábeis apóianse no son industrial. A súa estrutura foxe sensiblemente do concepto [[pop]], desenvolvéndose nunha certa monotonía calculada sen deixar de banda figuras musicais concretas, como as [[polirritmia]]s ou os clásicos [[fill-in]] que poden entrar ou saír do núcleo do ritmo dun xeito máis ben [[eclecticismo|ecléctico]].
 
As liñas de [[baixo]] tenden a ser profundas e cunha clara intención hipnótica, prescindindo de figuras como a [[Síncopa (música)|síncopesíncopa]] e que adoitan seguir unha estrutura a [[corchea]]s ou [[semicorchea]]s. Este tipo de liñas de baixo son tamén coñecidas como [[sequenced-bass]].
 
A efectos de harmonía e melodía son destacábeis os [[riff]]s de [[sintetizador]], concibidos de xeito máis repetitivo e [[minimalismo|minimalista]] que as bases rítmicas. Os acompañamentos adoitan ser [[pad]]s ou "colchóns sintéticos" que envolven os temas con atmosferas escuras.