Software libre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Agremon (conversa | contribucións)
m ligazóns e cambio de un par de verbas
Liña 1:
Segundo a [[Free Software Foundation]] (FSF), o '''software libre''' está formado por aqueles programas que teñen unha [[licencia]] que dá a todos aqueles que reciban unha copia do programa as seguintes liberdades:
* liberdade para executar o programa, con calquera propósito;
* liberdade para estudiar o seu funcionamento e adaptalo ás túas necesidades; unha condición a priori para isto é ter acceso ao código fonte;
Liña 6:
 
==Historia==
A historia do software libre comeza case no principio da [[informática]], cando os programadores intercambiaban libremente as súas ideas, consellos e código fonte. Pouco a pouco, isto foise reducindo segundo as empresas (e ás veces as propias universidades) poñían obstáculos neste libre intercambio de coñecementos, empregando as leis de [[propiedade intelectual]] e de [[patente|patentes]] para isto.
 
A idea moderna de software libre comezou despois de que, en [[1983]], [[Richard Stallman]] fundase a FSF e o proxecto [[GNU]] e, nos seguintes anos, fose formulando diversos conceptos ideolóxicos e filosóficos, como as catro liberdades xa citadas.
Liña 18:
 
===Copyleft===
Richard Stallman considerou que para cumprir de xeito efectivo o obxectivo do proxecto GNU, dar liberdade aos usuarios, é necesario que o software libre se manteña libre e non se convirta en software propietario. Para isto desenvolveu o chamado ''Copyleft'', que usa as leis de propiedade intelectual ("Copyright"), pero queinvirte asos invirtetermos tradicionais do contrato; así no canto de "privatizar" o software fai que se manteña sempre como software libre. "Copyleft" é, pois, un xogo de palabras para indicar que ten como meta o contrario do que se pretendía nun principio co "Copyright".
 
Creouse con este propósito a [[GPL|Licencia Pública Xeral de GNU]] (GNU General Public License ou simplemente GNU GPL), que é a que usa a meirande parte do software do sistema GNU. Tamén hai actualmente outras dúas semellantes, cun propósito específico: [[LGPL|GNU Lesser GPL]] (anteriormente GNU Library GPL), para usar só con algunhas librerías; e [[GFDL|GNU FDL]], para usar coa documentación. Estas dúas son simplemente adaptacións para casos especiais ou partes do software que non son código.