Hipócrates: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Arranxos varios, replaced: |coautores= → |autor2= using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 48:
=== Dietética ===
[[Ficheiro:Cruz elemental.svg|miniatura|esquerda|Calidades dos catro [[elementos da antigüidade]] [[Antiga Grecia|grega]].]]
Hipócrates é considerado un precursor da [[dietética]], promovendo o consumo de [[legume]]s e [[froita]]s, aínda que os seus ensinos respecto diso considéranse obsoletos. Os [[elementos da antigüidade|alimentos]] clasificábanse en función da súa correspondencia cun ou outro dos catro [[elementos da antigüidade|elementos]]: oa [[auga (elemento)|auga]], a [[terra (elemento)|terra]], o [[aire (elemento)|aire]] e o [[lume (elemento)|lume]], que corresponden a catro [[temperamento]]s definidos pola teoría de [[os catro humores]]: flemático, melancólico, sanguíneo e colérico, respectivamente.<ref>{{cita web |url=http://www.compare-diet.com/cuisine-dietetique_hippocratique |título= Diététique hippocratique|dataacceso=28 de novembro de 2009 |autor= |data= 2006|editorial= |idioma= francés|cita=}}</ref>
 
Cada alimento era clasificado segundo as súas calidades, que se graduan en catro graos sobre dous eixos principais: quente-frío e seco-húmido (ou, secundariamente, en eixos doce-amargo e cru-cocido). Estas calidades inflúen no xeito na que o alimento se transforma dentro do corpo e na calidade e consistencia dos humores producidos polo organismo. Segundo a escola hipocrática, a calor da dixestión transforma os alimentos en [[linfa]] que, á súa vez, transfórmase en [[Patoloxía humoral|humores]] ou actúa sobre a calidade e o equilibrio dos humores presentes. Para conservar a boa saúde ao longo do tempo, hai que ter unha dieta equilibrada. Por iso, os médicos que se baseaban na tradición hipocrática recomendaban aos seus pacientes consumir alimentos que se correspondesen co inverso do seu temperamento, para corrixir o desequilibrio dos humores.<ref name="Dieta">{{cita libro | autor = Salas-Salvadó J., García-Lorda, P. Sánchez Ripollés, J. M. | título = La alimentación y la nutrición a través de la historia | editorial = Glosa | ano = 2005 | ISBN = 9788474292572 | lingua = castelán}}{{es}}</ref> Así pois, o [[viño tinto]] (quente e seco) e a carne (quente e seca) eran recomendados para os anciáns, os flemáticos e os melancólicos, de natureza fría. En cambio, o peixe fresco (frío e húmido) e as froitas ou legumes (frías e húmidas) crían que conviñan máis ben aos coléricos e optimistas, así como aos mozos, de temperamento quente.<ref name="Dieta" />