Imperio Bizantino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 99:
O século VII comeza coa crise provocada pola espectacular ofensiva do monarca [[Imperio Sasánida|sasánida]] [[Cosroes II]], que coas súas conquistas en Exipto, [[Siria]] e [[Asia Menor]], chegou a ameazar a existencia mesma do Imperio. Esta situación foi aproveitada por outros inimigos de Bizancio, como os [[ávaros]] e [[pobo eslavo|eslavos]], que puxeron sitio a Constantinopla en [[626]]. O emperador [[Heraclio]] foi quen, tras unha guerra longa e esgotadora, de conxurar este perigo, rexeitando o asalto de ávaros e eslavos, e derrotando definitivamente aos persas en [[628]].
 
Con todo, apenas uns anos despois, entre [[633]] e [[645]], a fulgurante expansión do Islam arrebata para sempre ao Imperio, exhausto pola guerra contra Persia, as provincias de Siria, [[Palestina]] e Exipto. A mediados do século VII, as fronteiras estabilizáronse. Os árabes continuaron presionando, chegando ata a ameazar a capital, pero a superioridade naval bizantina, reforzada pola súa magníficas fortificacións navais e o seu monopolio do "[[lume grego]]" (un produto químico capaz de arder baixo oa auga) salvou a Bizancio.
 
Na fronteira occidental, o Imperio viuse obrigado a aceptar desde a época de [[Constantino IV]] (668-685) a creación dentro das súas fronteiras, na provincia de [[Moesia]], do reino independente dos [[búlgaros]]. Ademais, pobos eslavos foron instalándose nos [[Balcáns]], chegando ata o [[Peloponeso]]. En Occidente, a invasión dos [[longobardos]] fixo moito máis precario o dominio bizantino sobre Italia.