Johann Pachelbel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazóns internas e correccións diversas.
Liña 1:
{{Sen referencias|data=decembro de 2016}}
[[Ficheiro:Pachelbels tomb.jpg|miniatura|dereita|Tumba de Johann Pachelbel.]]
'''Johann Pachelbel''', nado en [[Nuremberg]], e [[Bautismo|bautizado]] o [[1 de setembro]] de [[1653]] e finado na mesma cidade o [[3 de marzo]] de [[1706]], foi un destacado [[Órgano (música)|organista]], [[Clavicémbalo|clavicembalista]] e [[compositor]]. Foi un dos máis importantes músicos da xeración anterior a [[Johann Sebastian Bach]]. Entre as súas numerosas composicións destaca o célebre ''[[Canon en re maior de Pachelbel|Canon en re maior]]'', escrito para tres [[Violín|violíns]] e [[Baixo (voz)|baixo]] continuo, obra que foi obxecto de numerosas gravacións e versións.
 
== Traxectoria ==
Johann Pachelbel recibiu de neno as súas primeiras leccións musicais, por parte de [[Heinrich Schwemmer]] e [[Georg Kaspar Wecker]], que lle aprenderon composición e interpretación. Tras terminar os estudos na Academia de San Lourenzo, en [[1669]] ingresou na [[Universidade de Altdorf]], compaxinando as clases coas súas actividades como organista na [[Lorenzkirche]]; porén, a precariedade económica da familia impediu ó mozo músico seguir estudiandoestudando na universidade, na que apenas permaneceu un ano. Na primavera de [[1670]] empezou a frecuentar a escola poética de [[Ratisbona]] e a asistir ás clases particulares de [[Kaspar Prentz]], que o introduciu no coñecemento dos grandes compositores italianos da época.
 
Influído por Prentz, en [[1673]] transladouse a [[Viena]] para asumir o cargo de organista suplente na [[catedral]] de Santo Estevo. Catro anos despois foi nomeado organista da corte de [[Eisenach]], ó servizo do príncipe [[Johann Georg]], duque de [[Saxe-Eisenach]]. En xuño de [[1678]] foi contratado pola [[Protestantismo|igrexa protestante]] de [[Erfurt]]; alí casou con [[Barbara Gabler]] en 1681, pero ó cabo de dous anos quedou viúvo, ó morrer a súa esposa e o seu fillo nunha [[epidemia]]. En [[1684]] casou en segundas nupcias con [[Judith Drommer]], coa que tivo sete fillos, sendo dous deles, [[Wilhelm Hieronymus Pachelbel|Wilhelm Hieronymus]] e [[Carl Theodorus Pachelbel|Carl Theodorus]], tamén músicos.
 
En [[1690]] foi chamado á [[corte de Württemberg]] en [[Stuttgart]], para ocupar o cargo de músico e organista. Obrigado a fuxir dela en [[1692]] debido a unha invasión [[Francia|francesa]], instalouse en Nuremberg, e poucos meses máis tarde regresou á súa rexión natal, [[TuringiaTurinxia]], onde foi nomeado organista da cidade de [[Gotha]]. En [[1695]], tralo falecemento do seu antigo mestre Wecker, organista de San Sebaldo en Nuremberg, foille concedido ditoese posto, no que se mantivo ata a súa morte.
 
== Obra ==
Pachelbel é autor de numerosas obras, entre as que destacan composicións para órgano ([[preludio]]s, [[tocata]]s, [[fuga]]s, [[chacona]]s...), os [[lieder]] espirituais, diversas pezas para [[clavicémbalo]], como a notable ''Hexachordum Apollinis'', corais variadas, algunhas [[Misa (música)|misas]], [[Motete|motetes]], [[Cantata|cantatas]]<nowiki/>s, fantasías e [[MagnificatMagníficat|magnificats]]s. Malia ser un mestre do estilo''stilo cantabile'' (regularidade do desarrollodesenvolvemento das voces, [[harmonía]] e ritmo), a súa música, tanto a instrumental como a vocal, foi esquecida pouco despois da súa morte e non se recuperou ata a primeira metade do [[século XIX]], cando [[Franz Commer]] publicou parte da súa obra escrita para [[órgano]]. En 1901 editouse a serie completa das súas 95 fugas sobre o magnificat, e moitas das súas obras para clavicémbalo foron incluídas nunha edición posterior.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Johann Pachelbel}}