Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Libro de estilo»

===Marcadores de traballo en progreso===
Cando un artigo está pouco desenvolvido é habitual colocar nel un [[Wikipedia:Marcadores de traballo en progreso|marcador de traballo en progreso]] nel para indicar que precisa unha ampliación do seu contido. Estes marcadores inclúense ó final do artigo, baixo as caixas de navegación e o modelo {{m|Control de autoridades}} pero antes das categorías.
 
===Notas de cabeceira nos artigos e seccións ===
{{VT|Wikipedia:Homónimos}}
As notas de cabeceira son notas curtas situadas na cabeceira dos artigos ou das seccións do mesmo. Estas notas de cabeceira axudan ó lector a localizar un artigo diferente que pode que estean a procurar. O lector pode chegar a un artigo que conteña unha destas notas por medio dunha [[WP:R|redirección]], porque o artigo desexado emprega un título máis específico ou porque o artigo procurado e o artigo no que recae o lector teñen nomes moi semellantes. As notas de cabeceira fornecen unha ligazón interna ó artigo que pode estar buscando o lector ou a unha páxina de [[WP:HO|títulos homónimos]].
 
As notas de cabeceira adoitan indicarse en letra cursiva, xusto antes do texto da introdución inicial e das caixas de información e imaxes que poida ter o artigo no inicio. Os [[:Categoría:Modelos de homónimos|modelos]] máis empregados habitualmente neste tipo de notas son {{m|Outros homónimos}}, {{m|Non confundir}} e {{m|Redirección}} para a cabeceira dos artigos, e {{m|Artigo principal}}, {{m|Véxase tamén}} e {{m|Véxase tamén categoría}} para as notas de cabeceira das seccións.
 
As normas xerais para a inclusión deste tipo de notas de cabeceira son as seguintes:
 
#As notas deben ligar, na medida do posible, directamente a os títulos dos artigos ou páxinas de homónimos, sen empregar ligazóns con máscaras (usando o carácter "|"). As ligazóns a redireccións tamén deben evitarse na medida do posible.
#As explicacións deben manterse no mínimo posíble, incluíndo só a información vital necesaria para dirixir ó lector, deixando que sexa o propio texto e introdución do artigo o que axude a clarificar o tema tratado no artigo que contén a nota.
#Só se deberían mencionar artigos doutros temas nos casos nos que hai unha alta posibilidade de que o lector chegue ó artigo por erro na procura dun tema completamente diferente.
#Nos casos nos que un tema notable adoita coñecerse cun termo determinado, pero o artigo que leva ese termo no seu título trata sobre outro tema distinto, é moi recomendable engadir unha nota de cabeceira que ligue co tema concreto ou cunha páxina de [[WP:HO|homónimos]] dende a que se poida chegar a ese outro artigo.
#Na medida do posible, deben limitarse as notas de cabeceira a unha por inicio de páxina. Isto tamén debe aplicarse na medida do posible ó uso deste tipo de notas de cabeceira nas seccións do artigo.
 
== Notas ==