Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Libro de estilo»

* Non se deben deixar liñas en branco no código wiki entre elementos dunha mesma lista, xa que o software wiki interpreta este código como listas independentes.
* O uso de listas numeradas resérvase para os casos nos que existe a necesidade de facer referencia ós elementos da lista segundo o seu número, a secuencia dos elementos é de particular importancia ou a numeración ten algún significado particular (como por exemplo nunha listaxe de temas dun álbum musical).
* Nas enumeracións de elementos sinxelos normalmente non se utiliza signo de puntuación despois de cada membro da enumeración, pero pódese incluír un punto ou punto e coma cando os elementos da lista son oracións completas.<ref name="USCpunt">{{cita web|url=http://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/fundamentos/criterios/puntuacion1.html|título=Puntuación I|obra=Criterios lingüísticos|editorial=USC}}</ref>
 
== Diversos ==