Wikipedia:Libro de estilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 69:
As seccións axudan a unha mellor distribución do texto de xeito que este estea ordenado e sexa máis fácil atopar ou localizar os datos que interesan se o artigo é moi grande, así como facilitar a edición por anacos. Comprende varios parágrafos relacionados reunidos baixo un mesmo apartado. Non é bo crear demasiadas seccións, pero tampouco o é poñer moitos parágrafos seguidos sen diferenciación. Os subtítulos utilizados, polo tanto, deben ser claros e nunca ambiguos ou demasiado xerais.
 
Por último, dicir que osOs títulos das seccións van en letras minúsculas, agás a primeira letra. Por exemplo: "{{Exemplo|Estrutura xeral}}" e non "{{Exemplo|!|ESTRUTURA XERAL}}".
 
;Niveis das seccións
As seccións comezan a dividirse no segundo nivel de cabeceira (<nowiki>==cabeceira==</nowiki>), xa que o primeiro nivel resérvase para o propio título do artigo e pode dar lugar a confusións na lectura do mesmo. Polo xeral, as seccións dos artigos deberían dividirse nos niveis 2,3 e 4 de cabeceiras, e non se recomenda pasar deste nivel. Se hai algún caso excepcional no que se supere o cuarto nivel de cabeceiras (<nowiki>====cabeceira====</nowiki>), a partir dese punto recoméndase empregar os títulos en negra (<code><nowiki>;Cabeceira</nowiki></code>), ou o modelo {{m|TOC límite|4}}, para que non se inclúan no índice e este non quede sobrecargado.
;Cabeceiras das seccións
* Asúmese que as seccións fan referencia ó tema principal do artigo, polo que xeralmente as cabeceiras das seccións non deben referirse de forma redundante ó tema do artigo ou a cabeceiras de niveis superiores, agás en casos concretos nos que sirva para clarificar o contido. Ex: ''Traxectoria'' é preferible a ''A súa traxectoria''.
* As cabeceiras das seccións non deben conter ligazóns internas ou externas. Se fan referencia a un artigo que se considera axeitado ligar, debe facerse por medio dun modelo de tipo {{m|Artigo principal}} ou no propio corpo do texto.
* As cabeceiras das seccións e subseccións deberían ser únicas dentro da páxina na medida do posible, para evitar que as posibles ligazóns cara seccións non dirixan á incorrecta e que os resumos de edición non sexan ambiguos.
* As cabeceiras das seccións non deben incluír referencias ou notas ao pé. As referencias e notas relevantes deben ir incluídas no texto do artigo.
* As cabeceiras das seccións non deben conter imaxes, incluíndo iconas de bandeiras e símbolos {{tag|math}}.
* Salvo en casos específicos, como títulos de obras ou semellantes, as cabeceiras das seccións non deberían incluír frases e puntuación interrogativa ou de exclamación.
* Cómpre tentar evitar comezar as cabeceiras das seccións por números (agás por exemplo cando se indica un ano), para reducir a posible confusión coa preferencia global de numeración automática de cabeceiras.
 
;Modelos Véxase tamén e Artigo principal
Cando se inclúan os marcadores {{m|Artigo principal}} (ou {{m|AP}}) e {{m|Véxase tamén}} (ou {{m|VT}}), estes deben colocarse directamente debaixo das cabeceiras da sección correspondente, antes de calquera imaxe ou texto desa sección. Estes marcadores permiten múltiples artigos como parámetros, polo que deben usarse desa forma e non con múltiples instancias do modelo en cuestión. De usarse ámbolos dous tipos nunha mesma sección {{m|Artigo principal}} irá antes que {{m|Véxase tamén}}. Exemplo:
 
==== Parágrafos ====