Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Libro de estilo»

== Redacción ==
=== Título dos artigos ===
{{VT|Wikipedia:Nomes propios de persoas}}
Esta guía debe seguirse para os títulos dos artigos dentro da Wikipedia. <!-- e sempre conforme '''[[Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos|á convención dos nomes dos artigos]]'''. -->
* Deben coincidir co tema xeral que tratan os contidos do artigo.
* Serán tan curtos como sexa posible; existe unha restrición en canto á lonxitude, pero non é habitual atinxila.
* Os caracteres especiais, como a barra ({{Exemplo|/}}), o signo máis ({{Exemplo|+}}) e os corchetes ({{Exemplo|<nowiki>{&nbsp;}</nowiki>}} e {{Exemplo|[&nbsp;]}}), deben evitarse.
* O último carácter visible dun título non debe ser un signo de puntuación, salvo que a puntuación sexa parte dun nome propio, unha abreviatura ou unha paréntese ou comiña de peche; é dicir, salvo un signo que achegue información.
*Cando as [[Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego]] dan, entre as opcións aceptadas, unha opción preferente, emprégase a opción preferente.<ref>{{cita libro|url=http://academia.gal/documents/10157/704901/Normas+ortogr%C3%A1ficas+e+morfol%C3%B3xicas+do+idioma+galego.pdf|título=Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego|ano-orixinal=1982|ano=2012|edición=23ª|autor=[[Real Academia Galega]]|editorial=[[Editorial Galaxia]]|isbn=978-84-87987-78-6|id=VG 82-2012}}</ref>
 
=== Ligazóns internas ===