Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 367:
[[Ficheiro:Passionhandschrift.jpg|miniatura|Anaco autógrafo da ''Paixón segundo san Mateo''.]]
 
As súas paixóns poden ser descritas como cantatas sacras expandidas ou [[oratorio (música)|oratorio]], que narran a [[Paixón de Cristo]] segundo os [[evanxelistas]]. Nas obras de Bach o texto bíblico é frecuentemente interpolado con versos modernos que fan meditacións sobre cada escena. Rexístranse cinco obras neste xénero, mais só sobreviviron dúas: ''[[Johannes-Passion]]'' e ''[[Matthäus-Passion]]''.<ref>{{Cita Harvard|Buelow|2004|sp=si|p=540}}</ref> Ambas son obras mestras de grande envergadura e posúen varios aspectos en común, mais a última delas, de grande impacto dramático, é a súa obra vocal máis complexa e ten sido louvada por moitos como a súa creación máis sublime, e en calquera caso considérase como a culminación da tradición de paixóns luteranas. É difícil destacar algún dos seus movementos, mais sirveserve como exemplo a peza de abertura, unha gran fantasía-coral para dobre coro, cada parte vocal dobrada polo seu propio grupo de instrumentos, que canta o verso ''Vinde, oh fillas, facede coro ao meu lamento'', formando un denso tecido contrapuntístico sobre o cal se cerne, logo do 30º compás, unha liña de sopranos infantís cantando o himno ''Oh, Cordeiro de Deus, que quita o pecado do mundo'', con grande impacto.<ref>{{Cita Harvard|Butt|1997|sp=si|texto=Leaver, Robin A. pp. 103-108}}</ref>
 
As cantatas profanas seguen en liñas xerais o modelo formal das sacras, sendo a maior diferenza o seu texto secular. A maioría delas son obras festivas, para celebrar, por exemplo, o aniversario dun gobernante, como a cantata ''Tönet, ihr Pauken! Erschallet, Trompeten!'' BWV 214, dedicada ao nacemento de [[Maria Josefa da Áustria (1699-1757)|Maria Josepha]], Electora da Saxonia e Raíña consorte da [[República das Dúas Nacións]], mais se encontran tamén lamentos fúnebres, como a ''Trauerode'' BWV 198, en honor a [[Christiane Eberhardine de Brandenburgo-Bayreuth|Christiane]], a defunta raíña de Polonia, pezas de "defensa dunha tese", como a cantata ''Geschwinde, ihr wirbelnden Winde'' BWV 201, que narra a competición musical entre [[Apolo]] e [[Pan (deus)|Pan]] como un pretexto para comparar a música erudita coas desaxeitadas tentativas dos músicos pouco hábiles, e mesmo pezas completamente humorísticas, como a chamada ''[[Schweigt stille, plaudert nicht, BWV 211|Kaffeekantate]]'' BWV 211, que satiriza a moda, daquela recente, de beber [[café]].<ref>{{Cita libro|url=http://books.google.com/books?id=krKDfNiXx2MC&pg=PR7|apelidos=Stokes|nome=Richard|páxinas=vii-viii|lingua=en|título=The Complete Church and Secular Cantatas|editorial=Scarecrow Press|ano=2000|isbn=9780810839335}}</ref>