Diferenzas entre revisións de «Taxonomía»

sen resumo de edición
Grazas á análise de ADN e ós progresos na informática e internet a taxonomía volveu a poñerse de moda no mundo científico. Estas novas ferramentas xeran un debate acerca da utilidade das regras da taxonomía tal como están hoxe en día. Xurden opinións respecto da necesidade de reformar os ''Códigos de Nomenclatura Zoolóxica e Botánica'' (Mallet e Willmott, 2003).
 
Só cuns poucos centos de bases de ADN pódese facer unha análise que sirveserve para facer a indentificación e parentesco dun ser vivo. Algúns autores como Hebert et al. (2003) ou Tautz et al. (2003), propoñen un rol central do ADN na definición das especies, de xeito que unha mostra de ADN e a súa lectura da [[secuencia de bases]] debería ser un dos caracteres do espécime tipo, e unha especie de marca como un carácter clave, de emprego similar a como se usa o código de barras nos supermercados.
 
Esta taxonomía ten algúns dos problemas que xa tiñan os outros enfoques: por exemplo, o problema do límite da circuscrición dos taxóns. Outro problema e decidir qué secuencia do ADN usar, xa que algunhas secuencias non dan unha información que diferencie o taxon dos demais, polo que non é conveniente confiar nunha soa [[secuencia de ADN]].
1.502

edicións