Fertilizante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
 
== Xeneralidades ==
Un fertilizante é unha substancia destinada a abastecer e fornecer os elementos químicos necesarios para unha planta. Trátase, polo tanto, dunha reposición ou aporte artificial de nutrientes. Adoita darse a través das raíces, mais tamén existe a fertilización foliar, de acción máis rápida e normalmente para corrixir carencias que non cubrecobre a fertilización polo solo.
 
Un '''fertilizante mineral''' é un produto de orixe inorgánica, que contén, polos menos, un elemento químico que a planta necesita para o seu ciclo de vida. A característica máis importante de calquera '''fertilizante sólido''' é que debe ter unha solubilidade máxima para que poida disolverse axeitadamente na auga de [[rega]], xa que os nutrientes entran en forma pasiva e activa na planta, a través do fluxo da auga. Por este motivo é crecente a comercialización de fertilizantes líquidos concentrados.