Mosteiro de Santa María de Oia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 50:
O interior caracterízase pola simplicidade propia do ideario arquitectónico da [[Orde do Císter]].
 
A nave central é de maiores dimensións que as laterais e cúbresecóbrese con bóveda de canón apuntado, que se apoia en arcos simples e de arestas vivas sobre ménsulas prismáticas escalonadas. Os piares compostos en forma de T son de gran groso e apóianse en sinxelos basamentos.
 
As naves laterais cóbrense tamén con bóvedas de canón apuntado, pero perpendicular a bóveda da nave central. Deste xeito os catro tramos das naves laterais comunícanse entre elas por medio de arcos apuntados simples.
Liña 66:
Por encima do arco triunfal ábrense tres ventás, de maior tamaño a central. A superficie decórase con pinturas representado os emblemas das ordes militares e imaxes coa lenda de Afonso VII e Sancho O Desexado coa seguinte inscrición: {{Cita|El Emperador Don Alfonso, rey de España y Fundador de este Monasterio. Y don Sancho el Deseado, Fundador de Calatrava y bienhechor de esta casa.}}
 
A capela maior desenvólvese en dous tramos. O muro testeiro cúbresecóbrese cun retablo datado aproximadamente no ano [[1600]]. No muro abríanse tres vanos de igual altura e sobre eles un gran [[rosetón]], tapiado na actualidade.
 
As capelas laterais teñen todas un mesmo deseño cun muro meridional, unha credencia e unha xanela no testeiro con derramo interno. Compóñense dunha [[arquivolta]] de medio punto apoiada en columnas acaroadas, de [[fuste|fustes monolíticos lisos]] sobre bases áticas e con capiteis con motivos maioritariamente vexetais, e entre eles un moi deteriorado representando un cuadrúpede.
Liña 77:
O testeiro enmárcase entre contrafortes prismáticos e é o resultado de importantes modificacións, principalmente as levadas a cabo no [[século XVIII]]. Consérvanse escasos vestixios dunha pequena sancristía de planta rectangular. Das tres ventás coas que contaba só conserva a central e do antigo rosetón só conserva o círculo sen a trazaría e na actualidade está tapiado.
 
As capelas laterais cóbrense con un tellado común a unha vertente. Presentan sinxelas seteiras rematadas en arco de medio punto. A nave principal cúbresecóbrese cun tellado a dúas augas e os dous muros divídense en tramos por contrafortes prismáticos de pouco resalte.
 
A nave meridional foi moi alterada pola construción do coro alto e a da actual fachada conservando só dous tramos da fábrica orixinal.