Cervexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Norma de calidade da cervexa e bebidas de malte
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 83:
Á parte das características bacteriolóxicas e minerais da [[Auga potable|potabilidade]], cada tipo ou estilo de cervexa require unha calidade diferente de auga. Algunhas requiren de auga de baixa mineralización, outras necesitan augas duras con moito [[cal]]. Hoxe en día, case todas as cervexarías tratan as augas de maneira que sempre teñan as mesmas características para a mesma receita de cervexa.
 
Entre os minerais da auga que máis interesan ós cervexeiros están o [[calcio]], os [[sulfato]]s e os [[cloruro]]s. O calcio aumenta a extracción, tanto do malte coma do lúpulo, na maceración e na cocción e rebaixa a cor e a opacidade da cervexa. O [[cobre]], o [[manganeso]] e o [[zinc]], inhiben a [[floculación]] dos lévedos. Os sulfatos reforzan o amargor e a sequedadesequidade do lúpulo. Os cloruros dan unha textura máis chea e reforzan a dulcificación.
 
A tendencia actual é reducir o consumo de auga na produción para diminuír os tres hectólitros de auga que se necesitan para elaborar un hectólitro de cervexa.