Economía de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *destaque e outros
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 84:
No tocante ao [[silvicultura|sector madeireiro]], a produción de [[madeira]] no país ascendía a 36,2 millóns de metros cúbicos no ano [[1999]]. Esta industria abastece de materia a unha importante cadea de industrias que traballan coa madeira ou os seus derivados ([[papel]], [[cartón]], artigos de madeira etc.), e que emprega a uns 100.000 traballadores no país.
 
En Francia, os [[bosque]]s ocupan 147.000 quilómetros cadrados, ocupando aproximadamente o 27% do territorio nacional ([[2003]]). A taxa de superficie forestada medrou sustancialmentesubstancialmente dende o [[século XIX]], grazas ós intensos programas de reforestación do territorio. Isto foi posible malia a industrialización, urbanización, desenvolvemento das infraestruturas e a intensificación agraria, que axudou a liberar grandes superficies de terra.
 
Tres cuartos da superficie forestal francesa atópase baixo propiedade privada, pertencendo o 10% ao [[estado]]. O resto pertence aos poderes locais, comunas, [[departamentos franceses|departamentos]] e [[rexións de Francia|rexións]]. Estes bosques son xestionados pola ''Office National des Forêts''.