Tras os Montes e Alto Douro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
'''Tras os Montes e Alto Douro''', ortografado en [[lingua portuguesa|portugués]] '''Trás-os-Montes e Alto Douro''' era unha antiga provincia portuguesa creada pola reforma administrativa de [[1936]], en conformidade coa [[Constitución portuguesa de 1933]] ([[Estado Novo, Portugal|Estado Novo]]). As novas provincias da reforma baseábanse nun estudo xeográfico que identificaba 13 "rexións naturais" portuguesas. A rexión natural de [[Trás-os-Montes]] e a rexión natural do [[Alto Douro]], foron agrupadas na provincia de '''Tras os Montes e Alto Douro'''. A provincia continuaba xeográficamente a antiga provincia de [[Tras os Montes]], englobaba tamén algúns concellos da marxe esquerda do Douro.
 
As provincias de 1936 non tiveron practicamente ningunha atribución, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario dos seus habitantes) coa entrada en vigor da [[Constitución portuguesa de 1976|Constitución de 1976]]<ref>Nuno Valério (coord.), idem, p. 29.</ref>. Segundo a división en [[distrito#Distritos deen Portugal|distritos]], a antiga provincia quedaría distribuída nos distritos de [[Distrito de Vila Real|Vila Real]] e [[Distrito de Braganza|Braganza]].
 
A proposta de rexionalización suxeita a Referendo en [[1998]] (sendo rexeitada) prevía a creación da rexión de Tras os Montes, idéntica á provincia de [[1936]], coa excepción de incluír un concello máis ([[Mêda]]).