Guilielmus Messaus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse unha nota.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse nota e bibliografía. Eliminouse nota de que se precisan fontes e referencias.
Liña 1:
{{Sen referencias|data=febreiro de 2017}}
'''Guilielmus Messaus''', tamén coñecido coas variantes do apelido '''Messaulx''' e '''Missau''', bautizado en [[Antuerpen]] o 2 de xullo de [[1589]] e finado na mesma cidade [[belga]] o 8 de marzo de [[1640]], foi un [[compositor]] [[Música barroca|barroco]] pertencente á [[escola francoflamenga]] que desenvolveu a súa actividade nos [[Países Baixos españois|Países Baixos Españois]].<ref>"Guilielmus Messaus". En Spiessens, Godelieve. ''The New Grove Dictionary of Music and Musicians''. Londres, 2001.</ref>
 
Liña 14 ⟶ 13:
É probable que Messaus sexa o editor de ''Laudes Vespertinae, ''de [[1629]], a primeira colección que contén un número considerable de ''cantiones natalitiae ''(vilancicos). Case a metade do contido desta compilación é da súa autoría e el é o [[compositor]] de nove vilancicos<ref>Johnson, Daniel (Dir.). [https://static1.squarespace.com/static/520e2816e4b004c7f37cd29d/t/53bef0afe4b0fa7d98acbf04/1405022383007/2013_Noel_notes.pdf ''Texas Early Music Project''. ''Flanders Christmas Songs'']. Páxina 7. Anotacións a un programa do concerto. </ref>. Na maioría das veces, trátase de harmonizacións moi sinxelas para catro voces de [[Panxoliña|panxoliñas]] que se remontaban a [[Baixa Idade Media|finais da Idade Media]], como ''Een kindeken is ons gheboren ''("Naceunos un neno") e ''Het viel eens hemels dawne'' ("Caeu o orballo do ceo").<ref>Rasch, Rudolf. ''De Cantiones natalitiae en het kerkelijke muziekleven in de Zuidelijke Nederlanden gedurende de zeventiende eeuw''. Utrech. Vereniging voor Nederlandse Muziekgeschiedenis, 1985.</ref>
 
Ademais de moitos motetes, copiou tamén tres libros de música para [[clavicémbalo]] de John Bull.<ref>Rasch, Rudolph. "[http://www.jstor.org/stable/3687039?seq=1#page_scan_tab_contents The Messaus-Bull Codex London, British Library, Additional Manuscript 23.623]". En ''Revue Belge de Musicologie''. Vol 50. 1966. Páxinas 93 a 127.</ref><ref>"[http://www.radioswissclassic.ch/fr/base-de-donnees-musicale/musicien/302845df191232a758c559d51c0bf7d67477b/biography John Bull]" en ''Base de Données Musicale'': "Ses trois séries de variations sur la chanson de Noël [...] témoignent de linfluence qu'il subit de son entourage flamand à Bruxelles et Anvers, et nous sont parvenues par les copies quen fit Guilielmus Messaus, maître de chant à léglise Sainte-Walburge dAnvers et lui-même compositeur dun grand nombre de Cantiones natalitiæ".</ref>
 
== Notas ==
Liña 20 ⟶ 19:
 
==Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
* ''The Concise Edition of Baker's Biographical Dictionary of Musicians.'' 8ª edición. Revisión de Nicolas Slonimsky. Nova York, Schirmer Books, 1993. [ISBN 0-02-872416-X]
* Reese, Gustave. ''Music in the Renaissance''. Nova York. W.W. Norton & Co. 1954. [ISBN 0-393-09530-4]
* Bukofzer, Manfred. ''Music in the Baroque Era''. Nova York, W.W. Norton & Co. 1947. [ISBN 0-393-09745-5]
 
=== Ligazóns externas ===
* [[scores:Category:Messaus,_Guillielmus|Partituras de Guilielmus Messanus]] en ''The International Music Score Library Project''.