Mergullo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Control de autoridades
Liña 232:
Se a presión circundante é moi inferior á tensión de N<sub>2</sub> dun tecido, o gas disolto (é dicir en forma líquida) non poderá ser evacuado do tecido por difusión. O que acontece entón é que o N<sub>2</sub> volverá novamente á súa fase gaseosa dentro do tecido. É dicir que se forman burbullas dentro dos tecidos que normalmente non deben presentar fase gaseosa.
 
Nun ascenso é normal que se formen algunhas micro burbullas de N<sub>2</sub> e de CO<sub>2</sub> que son eliminadas progresivamente por vía pulmonar. Pero se o ascenso se fai demasiado rápido ou sen respectar as paradas de descompresión, a cantidade e a talla de micro burbullas pode ser máis importante. Estas tenderán entón a formar macro burbullas e unha forma moi especificaespecífica de barotraumatismo do mergullo autónomo. Este tipo de barotraumatismo coñécese co nome de accidente de descompresión e é practicamente imposible provocalo en apnea porque os tempos de inmersión non son máis prolongados que algúns minutos e están intercalados por pausas en superficie.
 
O accidente de descompresión é, pois, provocado por unha situación de sobresaturación tisular por riba dun nivel crítico. A presenza de burbullas no tecido sanguíneo pode provoca trombos (tromboses), embolias e incluso a necrose dos tecidos. Os efectos poden ser inmediatos ou progresivos.