Mergullo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Control de autoridades
Liña 249:
* '''Hiperoxia''': a partir de tensións tisulares superiores aos 0,5 bar, o osíxeno empeza a tomar un carácter tóxico que se consolida completamente cando a súa tensión tisular acada 1,7 bar. Baixo esas presións parciais o O<sub>2</sub> se disocia en radicais libres (peróxido de hidróxeno H<sub>2</sub>O<sub>2</sub> e radicais hidróxilo ·OH) que inhiben a función celular a nivel da membrana. Este efecto sobre a membrana celular afecta especialmente o sistema nervioso (a membrana celular das neuronas e o seu delicado equilibrio de electrólitos e substancias mensaxeiras son a clave da transmisión dos impulsos nerviosos). Polo tanto, aínda que todos os tecidos se ven afectados por igual, o seu efecto neurotóxico é o que reviste maior gravidade. O sistema nervioso regula e controla a maioría das funcións vitais. A intoxicación por osíxeno produce convulsións, perda de coñecemento e pode levar ao conseguinte afogamento do mergullador. O risco de hiperoxia dita os límites de seguridade do mergullo autónomo con aire (-30 m profundidade máxima permitida, -20 m profundidade máxima recomendada). Estas profundidades son os límites teóricos, pero en realidade os efectos tóxicos do osíxeno poden encontrarse máis embaixo, pois o seu consumo polos tecidos diminúen considerabelmente a súa tensión.
* '''[[Narcose de nitróxeno]]''': aínda que o nitróxeno e outros gases inertes son quimicamente estables, baixo concentracións elevadas (léase presións parciais e tensións tisulares) producen efectos reversibles sobre o sistema nervioso. Estes efectos son en xeral similares aos debidos á intoxicación por alcohol ou ás substancias narcóticas e é por isto que reciben o nome de "narcose". Cando a tensión tisular do N<sub>2</sub> >= 4bar, os efectos comezan a se manifestar; pero é moi variable dun individuo a outro. Son os mergulladores autónomos con aire os expostos a este tipo de efecto, podéndose dar casos moi por riba dos -30 m, dependendo do estado xeral do mergullador. Os síntomas típicos son a euforia, despreocupación, alteración da capacidade de raciocinio e de concentración, perda de memoria e desorientación. A perda da capacidade de xuízo e de orientación, típica deste fenómeno, pode facer incorrer ao mergullador noutros accidentes e eventualmente incluso ao afogamento.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Deportes]]